Genii Cucullati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tres Genii Cucullati e unha deusa nun relevo britano-romano.

Os Genii Cucullati (Espíritos encarrapuchados) son unhas figuras relixiosas atopadas nas rexións romano celtas dende Britania ata Pannonia. Son representados como "figuras encarrapuchadas esculpidas en formas case abstractas" (Henig, 62). Foron atopadas en gran concentración en Renania (Hutton). En Britania adoitan ser atopados na forma de deidade tripla, que semella ser exclusivo das representacións britanas (De la Bedoyère).

A capa con carapucha estaba asociado cos galos durante o período romano. O deus encapuchado da saúde era coñecido como Telesforo e a súa orixe puido deberse ó sincretismo Greco-gálata producido en Anatolia no século -III.