Ancasta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ancasta é unha deusa celta adorada en Britania. É coñecida por unha única inscrición atopada no Reino Unido no asentamento romano de Clausentum (Bitterne, preto de Southampton).[1] Ancasta pode considerarse unha deusa local, posiblemente asociada co río Itchen.

Na dedicación votiva a Ancasta lese:

DEAE ANCASTAE GEMINVS MANI VSLM
"Á deusa Ancasta, Geminus Mani[lius] de bo grado e con razón cumpre a súa promesa".

É posible que o nome de 'Ancasta' estea relacionado co protocelta *kasto- que significa 'rápida ou lixeira'.[2] A inscrición atópase na Casa Museo dos Tudor, Southampton.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jufer, Nicole & Thierry Luginbühl (2001). Les dieux gaulois : répertoire des noms de divinités celtiques connus par l'épigraphie, les textes antiques et la toponymie. París: Editions Errance. ISBN 2-87772-200-7. p.21.
  2. Centre for Advanced Welsh and Celtic Studies, Universidade de Gales. "Proto-Celtic—English lexicon." (See also this page for background and disclaimers.)
  3. Clausentum, Pastscape, consultado o 13 de xaneiro de 2012