Ricagambeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ricagambeda é unha deusa celta adorada na Britania romana. É coñecida por unha única inscrición, a RIB 2107, nunha pedra altar en Birrens, no que hoxe é Dumfries e Galloway, Escocia. Segundo a inscrición, o altar foi erixido polos homes de Vella que servían na segunda Cohorte dos Tungros en cumprimento do seu voto á deusa.[1] Xavier Delamarre suxeriu que o seu nome pode estar relacionado coa palabra gala *ricā, que significa suco.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Roman-britain.org". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2010. Consultado o 10 de decembro de 2013. 
  2. Xavier Delamarre (2003), Dictionnaire de la langue gauloise, p.256.