Saltar ao contido

Lourizán, Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lourizán
ConcelloPontevedra[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°23′28″N 8°40′03″O / 42.3909882, -8.6673946
Poboación2.935 hab. (2022)
Entidades de poboación17[1]
[ editar datos en Wikidata ]

Santo André de Lourizán é unha parroquia do concello de Pontevedra. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña tiña 2.935 habitantes (1.441 homes e 1.494 mulleres), repartidos en 17 entidades de poboación.[3]

Linda ao norte con Salcedo e a ría de Pontevedra, ao sur con Salcedo e San Xián de Marín, ao leste outra volta con Salcedo e ao oeste con San Xián de Marín e a ría. A altura máxima é de 100 m. A costa é recortada e os accidentes costeiros máis salientábeis son as puntas da Laxe da Rache e Cabo de Praceres e as praias de Lourizán e Praíña. Lourizán dista catro quilómetros da capital do concello, coa que se comunica por medio da autovía PO-11 e a estrada PO-546.

Capela de Santo André, antiga igrexa parroquial.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Atopáronse dúas aras romanas adicadas ao deus Vestio Alonieco, e un relevo recollido no muro do recinto da igrexa cunha figura antropomorfa.[4]

O pazo de Lourizán foi construído como lugar da veraneo da familia Montero Ríos, e no seu recinto construíuse un centro de investigacións forestais. Tamén destacan a igrexa da Nosa Señora dos Praceres (deseñada a finais do século XIX por Domingo Sesmero) e inaugurada en 1888 e a capela de Santo André.

Nesta parroquia sitúase o complexo Ence, formado pola maior planta produtora de pasta de papel da empresa Ence,[5] (e da desaparecida planta electroquímica de Elnosa construída en 1957), altamente contaminante[6] e condenada en reiteradas ocasións por delitos medioambientais.[6] Malia que por lei debe abandonar eses terreos, propiedade do estado,[5][7] e que no ano 2018, a Asociación Pola Defensa da Ría procurou a súa marcha, unha sentenza de 2023 do Tribunal Supremo puxo fin ao proceso xudicial contra Ence pola prórroga da planta en Lourizán.[5]

A festa patronal celébrase o día 30 de novembro (Santo André). Tamén se celebra a Nosa Señora dos Praceres, normalmente no mes de maio.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Lourizán

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Lourizán no concello de Pontevedra

Agrovello | O Cabo | A Camboa | A Carballeira | Caritel | Os Cunchidos | Estribela | A Igrexa | O Marco | A Meán | As Nogueiras | O Outeiro | Os Praceres | O Regueiriño | O Rial | Rorís | O Rozo

Parroquias de Pontevedra

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | Campañó (San Pedro) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicenzo) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | Xeve (Santo André)

Documentais sobre Lourizán

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
  3. Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Lourizán, Pontevedra". Consultado o 18 de maio de 2023.
  4. André Pena Graña. "A culltura castrexa inexistente. Constituicao política celta das galaicas trebas e toudos. Etno-arqueoloxía institucional" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xullo de 2021. Consultado o 25 de febreiro de 2015.
  5. 1 2 3 "Ence se queda en Pontevedra: el Tribunal Supremo a favor de la pastera, que no se moverá de Lourizán". GaliciaPress (en castelán). 7 de febreiro de 2023. Consultado o 20 de xullo de 2023.
  6. 1 2 Gil, Xoán Carlos (5 de novembro de 2002). "Ence admite que su fábrica de Pontevedra cometió delito ecológico". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xullo de 2023.
  7. "El contestado cierre de Ence Huelva, espejo para el futuro de Pontevedra". La Voz de Galicia.
  8. Cultura Galega (ed.). "Documentar as voces caladas (II)". Consultado o 15 de marzo de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]