Iouga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Iouga é a reconstrución suxerida do nome dunha deusa britano-romana coñecida por unha única inscrición fragmentada. A inscrición apareceu nun altar de pedra en York. O nome que aparece na pedra é Ioug[...] ou Iou[...], e nela pode lerse tamén:

NVMINIB AVG ET DEAE IOV[...]
SIVS AEDEM PRO PARTE D[...][1][2]
Ó numina do Emperador(s) e á deusa Iou[..], [..]sius (construído/restaurado) unha (metade?) parte do templo.

Lendo a parte fragmentada do nome Ioug[...], Roger Wright propuxo a forma reconstruída Iouga, que relacionou co protocelta *jugā que significa 'xugo'. Porén, Theresia Pantzer, suxeriu que o que Wright percibiu como unha letra g era unicamente "dano da pedra nunha parte do texto".[2] A deusa é polo demais descoñecida.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. RIB 656. The stone is now at the Yorkshire Museum.
  2. 2,0 2,1 Theresia Pantzer (2008). "RIB 656" Arquivado 11 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine..
  3. Colin Smith. "Vulgar Latin in Roman Britain". In Aufstieg und Niedergang der römischen Welt, II.29.