Artaius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Artaius é un deus celta epíteto[1] do deus romano Mercurio durante o período romano-celta. É coñecido por unha única inscrición de Beaucroissant no departamento de Isère:

MERCVRIO
AVG ARTAIO
SACR
SEX GEMINIVS
CVPITVS
EX VOTO[2]
"Ó augusto Mercurio Artaius, Sextus Geminius Cupitus (que dedicou esta) (pedra) sagrada no cumprimento dun voto."

En lingua gala, a palabra artos significa ‘oso’, e artaios podería ser un derivado[1] (significando algo semellante a ‘ursino’). Miranda Green considera a Mercurio Artaius un deus-oso.[3] É posible que Artaius proveña dun nome de lugar (é probable que só teña unha asociación indirecta cos osos) - xa que a inscrición foi descuberta nun lugar outrora chamado Artay, e ademais existe unha vila cun nome semellante, Artaix, en Saône-et-Loire.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Xavier Delamarre (2003). Dictionnaire de la langue gauloise. Paris: Editions Errance, p.56
  2. Corpus Inscriptionum Latinarum XII: 2199.
  3. Miranda Green (2004). The gods of the Celts. Sparkford, UK: Sutton Publishing, p.174.
  4. Longnon, Auguste, Les noms de lieu de la France, Paris, 1920, p. 114.