Latis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Latis é o nome de dúas divindades celtas adoradas na Britania romana. Un é a deusa Dea Latis e o outro é o deus Deus Latis, e ámbolos dous son coñecidos por unha única inscrición.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome 'Latis' pode estar relacionado coas palabras protocelta *lati-, que significa 'licor', *lat- 'día', ou *lāto- 'luxuria'.[1]

Dea Latis[editar | editar a fonte]

A dedicación a Dea Latis foi atopada no Forte Romano Birdoswald, en Cumbria, Inglaterra, en 1873. Nela lese simplemente:

DIE LATI
"Á deusa Latis"[2]

É coñecida como unha deusa da auga e da cervexa.[3] O seu culto pode asociarse tamén co dos ríos.[4]

Deus Latis[editar | editar a fonte]

A dedicación a Deus Latis, foi atopada nunha pedra altar no Forte Romano de Aballava, Burgh-by-Sands (tamén en Cumbria):

DEO LATI LVCIVS VRSEI
"Ó deus Latis, Lucius Ursei [dedícalle isto]."[5]

A pedra altar a Deus Latis foi atopada a carón dun deus con cornos chamado Belatucadros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Centre for Advanced Welsh and Celtic Studies, Universidade de Gales. Proto-Celtic—English lexicon."
  2. Collingwood, R.G. and Wright, R.P. (1965) The Roman Inscriptions of Britain (RIB) Vol.I Inscriptions on Stone. Oxford. RIB 1897, online at www.roman-britain.org Arquivado 22 de agosto de 2011 en Wayback Machine.
  3. "Folklore and Legend - Gods and Goddesses". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2011. Consultado o 10 de decembro de 2013. 
  4. Dictionary of Celtic Myth and Legend, Miranda J. Green, Thames and Hudson Ltd, Londres, 1997
  5. Ibid. RIB 2043, online at www.roman-britain.org Arquivado 27 de novembro de 2013 en Wayback Machine.