Bríxida (deusa)
Brigit | |
---|---|
Protección, curación, poesía, e forxa | |
Cruz de Bríxida | |
Outros nomes | Brigid, Bríxida, Bride |
Venerado en | Illa de Irlanda, Escocia, partes de Gales e Inglaterra e posibelmente na antiga Gallaecia e outros lugares de Europa.[1][2] |
Afiliación | Panteón celta |
Centro de culto | Kildare |
Animais | Vaca (asociada con lactantes e coa fertilidade) |
Símbolos | Tríscele, cruz de Brigit |
Árbore | Carballo, Quercus |
Día | 1 de febreiro (Imbolc) |
Cor | Branco, vermello, roxo, verde |
Textos | Mitoloxía celta |
Xénero | Feminino |
Festivais | Imbolc |
Equivalentes | |
Equivalente grego | Hestia |
Equivalente romano | Vesta |
Equivalente cristián | Sta Bríxida de Irlanda |
Bríxida (tamén grafada como Brighid, Brigid ou Brigit) é unha deusa celta moi popular en Irlanda, deusa da inspiración e do lume. Bríxida era representada por tres mulleres, Bríxida, a poetisa, Bríxida, a menciñeira, e Bríxida, a ferreira, sendo coñecida coma a deusa da Tripla Lapa, pois o lume alimenta as forxas, quenta os experimentos dos alquimistas, e incendia a mente dos poetas. Deu lugar a múltiples topónimos na Europa atlántica.
Bríxida é unha das deusas chamadas de pancélticas, pois foi loada por todos os diferentes pobos celtas. Bríxida era filla do deus supremo Dagda, e un dos Tuatha Dé Danann. Era a dona de Bres, rei dos Tuatha Dé Danann, con quen tivo un fillo, Ruadán.
Orixe e toponimia asociada
[editar | editar a fonte]En irlandés antigo Brigit (ˈbrɪʝɪdʲ) pasou a escribirse coma Brighid no irlandés moderno. A forma antiga pasou ao inglés coma Bridget, e ao galego antigo coma Brigida (hoxe escrito Bríxida). Estaría tamén relacionado o nome da deusa celta Brigantia, loada na Gran Bretaña e a Gallaecia.
Topónimos que derivan de Brigid
[editar | editar a fonte]- Brìghde/Brìde (Escocia)
- Fraid (Gales)
- Brigindū (Galia)
- Brigantia (vila da Gallaecia, hoxe Betanzos)
- Braga (capital da Gallaecia, hoxe no Norte de Portugal)
- Braganza (vila da Gallaecia, hoxe no Norte de Portugal)
- Brigantis (Gran Bretaña)
- Bregenz (Austria)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A posibilidade de que Brigit fose venerada na Gallaecia prerromana está sustentada pola coincidencia do festival celta de Imbolc, que ela protagoniza, coa Candeloria galega, celebrados nos primeiros días de febreiro e a similitude entre ambos e a extensión do culto celta a por rexións culturalmente conectadas durante a era pre-cristiá, Ademais, topónimos como Brigantia, Braga e Braganza parecen estar relacionados con ela.
- ↑ https://celtic.mythologyworldwide.com/the-myths-of-brigid-a-journey-through-celtic-history/