Epona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Epona
Deusa da fertilidade e protectora dos cabalos, ponis e burros
Luxembourg MNHA 264 Epona Contern.jpg
Epona, século II ou III d. C., procedente de Contern, Luxemburgo (Musée national d'art et d'histoire, Cidade de Luxemburgo)
AnimaisCabalos
RexiónGalia e Roma Antiga
Grupo étnicoGalos

Na relixión galo-romana, Epona era a deusa protectora dos cabalos, ponis, burros e mulas. Ela era particularmente unha deusa da fertilidade, como mostran os seus atributos de páteras, cornucopias, espigas e a presenza de poldros nalgunhas esculturas.[1] Ela e os seus cabalos tamén poderían ser guías de almas no paso ao alén, con paralelismos en Rhiannon, do Mabinogion.[2] O culto a Epona, "a única divindade celta adorada tamén pola propia Roma",[3] como patroa da cabalería,[4] estivo moi estendido no Imperio Romano entre os séculos I e III d.C.; isto é infrecuente para unha divindade celta, a maioría dos cales estaban asociadas a localidades específicas.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Aínda que só se coñece a partir de contextos romanos, o nome de Epona ('Grande Egua') provén da lingua gala; deriva do protocelta inferido *ekʷos 'cabalo',[5] que dá lugar ao moderno ebol galés 'poldro', xunto co sufixo aumentativo -on que se atopa frecuentemente, aínda que non exclusivamente, nos teónimos (por exemplo Sirona, Matrona) e o habitual feminino galo singular -a.[6] Nunha pasaxe conservada dunha observación de Pausanias,[7] unha arcaica Deméter Erinys (Deméter vingativa) tamén fora unha grande égua, que foi montada por Poseidón en forma de semental e enxendrou a Arión e unha filla sen nome.[8] Deméter foi venerada como unha egua en Lycosura, na Arcadia dos tempos históricos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Salomon Reinach, "Épona", Revue archéologique (1895:163–95)
  2. Henri Hubert, Mélanges linguistiques offerts à M. J.Vendryes (1925:187–198).
  3. Phyllis Fray Bober, reviewing Réne Magnen, Epona, Déesse Gauloise des Chevaux, Protectrice des Cavaliers in American Journal of Archaeology 62.3 (xullo de 1958, pp. 349–350) p. 349. Émile Thevenot contributed a corpus of 268 dedicatory inscriptions and representations.
  4. Berresford Ellis, Peter (1998). The Ancient World of the Celts. Great Britain. p. 175. ISBN 0-7607-1716-8. 
  5. Compárese co latín equus, e o grego hippos.
  6. Delamarre, 2003:163–164.
  7. Pausanias, viii.25.5, 37.1 and 42.1 The myth was noted in Bibliotheke 3.77 and reflected also in a lost poem of Callimachus and in Ptolemy Hephaestion's New History.
  8. Karl Kerenyi, The Gods of the Greeks (1951) pp 184ff "Demeter and Poseidon's stallion-marriages".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Benoît, F. (1950). Les mythes de l'outre-tombe. Le cavalier à l'anguipède et l'écuyère Épona. Brussels, Latomus Revue d'études latines.
  • Delamarre, X. (2003). Dictionnaire de la langue gauloise. 2nd edition. París, Editions Errance.
  • Euskirchen, Marion (1993). "Epona" Dissertation, Bonn 1994 (Sonderdruck aus: Bericht der Römisch-Germanischen Kommission 74.1993.)
  • Evans, Dyfed Llwyd (2005–2007), Epona: a Gaulish and Brythonic goddess (Divine Horse)
  • Green M. J. (1986), The Gods of the Celts, Stroud, Gloucestershire.
  • Magnen, R. Epona (Delmas, 1953).
  • Nantonos and Ceffyl (2004), Epona.net, a scholarly resource
  • Oaks, L. S. (1986), "The goddess Epona", in M. Henig and A. King, Pagan Gods and Shrines of the Roman Empire (Oxford), pp 77–84.
  • Reinach, Salomon (1895). "Épona". Revue archéologique 1895, 163–95,
  • Simón, Francisco Marco, "Religion and Religious Practices of the Ancient Celts of the Iberian Peninsula" in e-Keltoi: The Celts in the Iberian Peninsula, 6 287–345, section 2.2.4.1 (online)
  • Speidel, M. P. (1994). Riding for Caesar: the Roman Emperors' Horse Guards. Cambridge, Massachusetts, Harvard University Press.
  • Thevenot, Emile 1949. "Les monuments et le culte d' Epona chez les Eduens," L'antiquité Classique 18 pp 385–400. Epona and the Aedui.
  • Vaillant, Roger (1951), Epona-Rigatona, Ogam, Rennes, pp 190–205.