Mar Tirreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tirreno»)
Mar Tirreno
Mar Tirreno - Mer Tyrrhénienne
Localización administrativa
Estado Francia
Italia Italia
División Córsega (FRA)
Sardeña Sardeña (ITA)
Toscana (ITA)
Lacio (ITA)
Campania (ITA)
Calabria (ITA)
Sicilia (ITA)
Localización xeográfica
Océano / MarMar Mediterráneo
ContinenteEuropa do Sur
Illa/sCórsega, Sardeña, Elba e Sicilia
Xeografía
Mares contiguosMar da Liguria e mar Xónico
Illas interioresArquipélago Toscano, Illas Ponziane, illas Eolias, Illas Égadi, Capri, Procida, Ischia e Ustica
AfluentesTirso (153 km), Flumendosa (127 km), Mannu-Coghinas (123 km) (FRA)
Ombrone (161 km), Tíber (405 km), Liris-Garigliano (158 km), Volturno (175 km), Sele-Tanagro (130 km) (ITA)
Cidades ribeiregasBastia (FRA)
Piombino, Civitavecchia, Anzio, Gaeta, Olbia, Nápoles, Salerno, Mesina e Palermo (ITA)
Accidentes
Golfos e baíasGolfo de Olbia (FRA)
Golfos de Gaeta, Nápoles, Salerno, Policastro, Santa Eufemia, Palermo, Cagliari e Orosei (ITA)
EstreitosCanal de Córsega, estreito de Bonifacio, estreito de Sicilia, canal de Tunicia (Mediterráneo) e estreito de Mesina (Xónico)
Características
Profundiade máxima3.731
Profundidade media2.000
Outros datos
Mapa

Localización do mar Tirreno (habitualmente, considérase que o mar se estende polo norte ao menos ata a illa de Elba).

Mapa da rexión do mar Tirreno (rótulos en alemán).
Localización do Mar Tirreno

O mar Tirreno (italiano: Mar Tirreno , francés: Mer Tyrrhénienne [mɛʁ tiʁenjɛn], sardo: Mare Tirrenu, corso: Mari Tirrenu, siciliano: Mari Tirrenu, napolitano: Mare Tirreno) forma parte do mar Mediterráneo que baña o oeste da costa de Italia. É chamado así nomeado polos pobos tirrenos, identificados desde o século VI aC cos etruscos de Italia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O mar está rodeado polas illas de Córsega e Sardeña (ao oeste), a península italiana (rexións de Toscana, o Lacio, Campania Basilicata e Calabria no leste e pola illa de Sicilia (ao sur).[1] O mar Tirreno tamén inclúe unha serie de pequenas illas como Capri, Elba e Ustica.[2]

Costa de Amalfi, Positano
Orosei, Sardeña

A profundidade máxima do mar é de 3.785 m.

O Mar Tirreno está situado preto de onde se atopan as placas africana e eurasiática, polo tanto, as cadeas de montañas e as illa teñen os volcáns activos, como o Monte Marsili, nas súas profundidades ou como o da illa de Stromboli. As oito illas eólicas e Ustica están situadas na parte sur do mar, ao norte de Sicilia. Os ventos predominantes son o Mistral, procedente do val do Ródano, Libeccio do suroeste, e Siroco (Scirocco) e Ostro dende o sur.

Extensión[editar | editar a fonte]

A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar Tirreno como segue:[3]

  • No estreito de Messina: unha liña que une o extremo norte do Cabo Paci (15°42′ E) co extremo leste da illa de Sicilia, Cabo Peloro (38°16′ N) .
  • No suroeste: unha liña que discorre desde o cabo Lilibeo (extremo occidental de Sicilia) ata o extremo sur do Cabo Teulada (8°38′ E) en Sardeña.
  • No estreito de Bonifacio: liña que une o extremo oeste do Cabo Testa (41°14′ N) en Sardeña co extremo suroeste do Cabo Feno (41°23′ N) en Córsega.
  • No norte: unha liña que se une a Cabo de Córsega (Cabo Grosso, 9°23′ E) en Córsega, coa illa Tinetto (44°01′N 9°51′L / 44.017, -9.850) e desde alí polas illas de Tino e Palmarias cara a punta San Pietro (44°03′N 9°50′L / 44.050, -9.833) na costa de Italia.

Nome[editar | editar a fonte]

O seu nome deriva do nome grego para os Etruscos, que se dixo que eran emigrantes de Lidia e liderados polo príncipe Tyrrhenus.[4] Os etruscos instaláronse ao longo da costa da Toscana moderna e referíronse á auga como o "mar dos etruscos".

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

  1. The Editors of Encyclopaedia Britannica. "Tyrrhenian Sea". En Chisholm, Hugh. Encyclopedia Britannica. Cambridge University Press. Consultado o 18 de xullo de 2017. 
  2. "Tyrrhenian Sea - Map & Details". World Atlas. Consultado o July 18, 2017. 
  3. Limits of Oceans and Seas (PDF). Organisation hydrographique internationale (3rd ed.). 1953. p. 17. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2010. 
  4. "The Origins of the Etruscans". San José State University. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2016. Consultado o 28de outubro de 2016.