Golfo de Nápoles
| (it) Golfo di Napoli | ||||
| Tipo | baía | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Mar Tirreno | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Italia | |||
| ||||
| Características | ||||
| Perímetro | 30 km | |||
| Superficie | 870 km² | |||
O golfo de Nápoles (en italiano golfo di Napoli) é un golfo do mar Tirreno (mar Mediterráneo) que se encontra na costa suroeste de Italia.
No golfo encóntrase, ao norte, a cidade de Nápoles —capital da rexión da Campania e da cidade metropolitana de Nápoles— e a de Pozzuoli. Entre os lugares destacábeis están as antigaa cidades romanas de Pompeia e Herculano e o volcán Vesuvio, situado ao leste do golfo. Ao sur, cerra o golfo a península Sorrentina, cuxa principal cidade é Sorrento. Esta península separa o golfo de Nápoles do golfo de Salerno.
O golfo está limitado polas illas de Capri, Ischia e Procida.
A rexión é un importante destino turístico en Italia pola beleza a súa costa e illas, e polas ruínas romanas de Pompeia e Herculano, destruídas durante a erupción do Vesuvio do ano 79.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo de Nápoles |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Golfo de Nápoles |
