Saltar ao contido

Hugh Chisholm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHugh Chisholm

Hugh Chisholm en (1903). [1]

Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1866
Londres.
Morte29 de setembro de 1924 (58 anos)
Londres.
País de nacionalidade Británico.
EducaciónCorpus Christy College.
Universidade de Oxford.
Q89547790Editor das edicións 10ª, 11ª e 12ª da Enciclopedia Británica.
Actividade
OcupaciónXornalista e editor enciclopedista.
EmpregadorEnciclopedia Británica.
LinguaInglés.
Familia
CónxuxeEliza Beatrix Harrison. Editar o valor en Wikidata
FillosArchibald Chisholm.
Grace Chisholm. Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAlumni Oxonienses: the Members of the University of Oxford, 1715–1886 (en) Traducir
1922 Encyclopædia Britannica (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Chisholm-949


Hugh Chisholm, nado en Londres o 22 de febreiro de 1866 e finado na mesma cidade o 29 de setembro de 1924, foi un xornalista británico responsable das edicións 10ª, 11ª e 12ª da Encyclopædia Britannica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Hugh Chisholm naceu en 1866 en Londres, Inglaterra, nunha familia de orixe escocesa, fillo de Anna Louisa Bell e de Henry Williams Chisholm (1809-1901), xefe do Departamento de Normas da Xunta de Comercio, e axente real para Serra Leoa e Costa de Ouro.[2] A súa irmá foi a matemática Grace Chisholm.[3]

Logo da súa graduación na Felsted School, en 1884 cursou os seus estudos superiores no Corpus Christi College, da Universidade de Oxford, que completou en 1888. En 1892 colexiouse como avogado no Middle Temple,[4][5] aínda que xa daquela comezara a exercer como xornalista.[2]

Carreira como xornalista e editor

[editar | editar a fonte]

Chisholm comezou a traballar para The St James's Gazette como director adxunto, e en 1897 foi ascendido ao posto de director. Durante estes anos, tamén contribuíu con numerosos artigos acerca de temas políticos, financeiros e literarios en diversos semanarios e en revistas mensuais, polo que chegou a acadar moita sona como crítico literario e como publicista conservador. En 1899 pasou a The Standard como redactor xefe.[2]

En 1900 trasladouse a The Times, para actuar como coeditor —xunto a Donald Mackenzie Wallace e tendo como presidente a Arthur Twining Hadley, da Universidade Yale— na preparación dos once volumes que formaban a décima edición da Encyclopædia Britannica. En 1903 foi nomeado redactor xefe para a 11ª edición, que se completou baixo a súa dirección en 1910 e foi publicada no seu conxunto pola Cambridge University Press, en 29 volumes, en 1911. Posteriormente preparou e editou o Britannica Year-Book (1913).[2]

Chisholm fora suxerira para o posto de director de The Times en substitución de Geoffrey Dawson. Aínda que Lord Northcliffe, propietario do xornal desde 1909, lle prometera o posto en 1911, non cumpriu a promesa e Dawson continuou en exercicio ata 1919.[2][4]

En 1913, logo dunha viaxe aos Estados Unidos para supervisar a impresión de The Britannica Year-Book, Chisholm foi nomeado director diario de The Times, un posto que abranguía as funcións de redactor xefe, mais finalmente tivo desencontros con Northcliffe.[4] Tamén foi director financeiro durante toda a primeira guerra mundial, posto ao que renunciou en 1920, cando se embarcou na redacción dos tres volumes que formaban a 12ª edición da Encyclopædia Britannica, publicada en 1922.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En 1893, Chisholm casou con Eliza Beatrix Harrison, con quen tivo tres fillos.[4] O seu fillo Archibald Chisholm desempeñou un papel clave no desenvolvemento da industria petroleira en Kuwait e tamén foi director do Financial Times entre 1937 e 1940.[6]

High Chishom finou en Londres o o 29 de setembro de 1924.[2][7]

  1. "Hugh Chisholm, half-length portrait, seated". Library of the Congress (LOC.gov).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Chisholm, H. (ed.) (1911).
  3. "Grace Chisholm Young". MacTutor History of Mathematics Archive, University of St Andrews (Mathshistory.st-andrews.ac.uk).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Hamilton, N. (2004).
  5. Foster, J. (1888).
  6. "Archibald Chisholm". En The Times. 4 de decembro de 1992. Páxina 21.
  7. The Times. 30 de setembro de 1924

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]