Lingua siciliana
| Lingua siciliana | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Sicilianu | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
O siciliano[1] é unha lingua romance propia da illa de Sicilia, no sur da Italia. Algúns dos seus dialectos tamén se falan na Península Itálica, principalmente no centro-sur de Calabria (calabrés) e na Puglia meridional, na rexión chamada Salento (salentino). Tamén se pode escoitar, con moita menos frecuencia, na zona de Cilento, na rexión de Campania. O siciliano está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]
Descende do latín vulgar, con influencias do grego, do árabe, francés, occitano, catalán e do español.
O uso do siciliano como lingua falada é usual en familia ou entre amigos; mais é menos común o seu emprego en ocasións oficiais e na forma escrita.
Algúns dos persoeiros da literatura en lingua siciliana son: Giovanni Meli, Nino Martoglio, Domenico Tempio, Alessio Di Giovanni, Ignazio Buttitta e Andrea Camilleri.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para siciliano.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Existe unha versión da Wikipedia en Lingua siciliana |
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
