Saltar ao contido

Arquipélago Toscano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquipélago Toscano
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Superficie
   295 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   1.018 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   1.019 m Monte Capanne (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF236359453 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0620q4 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Arquipélago Toscano é unha cadea de illas entre o Mar da Liguria e o Mar Tirreno, ao oeste da Toscana, Italia.

A proximidade das illas a varias cidades importantes converteunas nun lugar turístico destacado. A historia e a literatura aseguraron que a maioría da xente este familiarizada coas illas de Elba e Montecristo.

IllaÁrea
en km²
Poboación
1º xan. 2016[1]
Elba223,532.290
Giglio21,211.442
Capraia19,30415
Montecristo10,392
Pianosa10,2510
Gorgona2,23220
Giannutri2,6010
Outras3,340
Total:292´8234.389

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O arquipélago toscano está situado entre a costa de Córsega e a costa Toscana e contén sete illas principais, Capraia, Elba, Giannutri, Giglio, Gorgona, Montecristo e Pianosa; todas as cales están protexidas como parte do Parque Nacional do Arcipelago Toscano. O arquipélago esténdese ata 166 km desde a illa máis setentrional de Gorgona ata o sur de Giannutri e 56 km desde a illa occidental de Capraia ata a costa toscana.

Hai varios illotes no arquipélago incluíndo:

  • Cerboli (Canle de Piombino)
  • Formiche di Grosseto (Grosseto)
  • Isola della Cappa (Giglio)
  • Isola Corbella (Elba)
  • Isola di Ortano (Elba)
  • Isola della Peraiola (Capraia)
  • Isola di Topi (Canle de Piombino)
  • Isole Gemini (Elba)
  • Isolotto della Scarpa (Pianosa)
  • Isolotto della Scola (Pianosa)
  • Palmaiola (Canle de Piombino)
  • Scoglietto di Portoferraio (Elba)

e arrecifes como:

  • Faraglione del Giglio
  • Formiche di Capraia (Capraia)
  • Formiche della Zanca (Elba)
  • Isola dei Liscoli (Elba)
  • Le Scole (Giglio)
  • Meloria Shoal (Livorno)
  • Scoglio d'Africa (Canle de Corsica)
  • Scoglio Forano (Pianosa)
  • Scoglio del Gatto (Capraia)
  • Scoglio della Manza (Capraia)
  • Scoglio dell’Ogliera (Elba)
  • Scoglio del Remaiolo (Elba)
  • Scoglio della Triglia (Elba)
  • Vada Shoal (Vada)

Outros illotes e arrecifes que non forman parte do arquipélago:

  • Argentarola (Monte Argentario)
  • Isolotto di Porto Ercole
  • Isolotto dello Sparviero
  • Scoglio della Focacciola

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]
Capraia ten unha orixe volcánica

O arquipélago toscano representa unha rexión de correlación entre os sistemas de Sardeña e Córsega e a península italiana. Formado por sete illas e varios illotes e arrecifes que teñen diversa procedencia xeolóxica como magmática, sedimentaria e metamórfica. A orixe do arquipélago data do Triásico segundo o tipo de rochas.

No cuaternario o arquipélago relacionouse coas flutuacións do nivel do mar debido aos períodos glacial e interglacial. Na última glaciación o nivel do mar caeu e Elba converteuse nunha península unida ao continente e Pianosa. A glaciación de Würm foi seguida por unha fase de quecemento, e o mar subiu lentamente para alcanzar o seu nivel actual.[2]

Elba é unha illa mediterránea na Toscana, Italia a 10 km da cidade costeira de Piombino. A illa máis grande do arquipélago toscano, Elba tamén forma parte do Parque Nacional do Arquipélago Toscano e é a terceira illa máis grande de Italia, logo de Sicilia e Sardeña. Está situado no mar Tirreno, a 50 km ao leste da illa de Córsega.

Illa del Giglio é unha illa e concello italiana situada no mar Tirreno, na costa de Toscana, e forma parte da Provincia de Grosseto. A illa é unha das sete que forman o arquipélago toscano, que se atopa dentro do Parque Nacional do Arquipélago Toscano. "Giglio" significa "lirio" en italiano, e aínda que o nome parece coherente coa insignia da República de Florencia, provén de Aegilium, "Illa de cabras", unha transliteración latina da palabra grega para "cabra pequena" (Lingua grega antiga: Aigýllion, Αιγύλλιον).

Capraia é unha illa italiana, é a máis setentrional das sete illas do arquipélago toscano e a terceira máis grande logo de Elba e Giglio. É tamén unha "comuna" (concello) pertencente á Provincia de Livorno. A illa ten unha poboación duns 400 habitantes.

Montecristo é unha illa no mar Tirreno e parte do arquipélago toscano. Administrativamente pertence ao municipio de Portoferraio na provincia de Livorno, Italia. A illa ten unha superficie de 10´39 km² e ten aproximadamente 4´3 km no seu punto máis ancho. As costas son escarpadas, e teñen un perimetro de 16 km.. A illa é unha reserva natural e forma parte do Parque Nacional do Arquipélago Toscano.

A pequena illa de Pianosa, cunha superficie de 10,25 km², ten un perímetro costeiro de 26 km. Forma parte do arquipélago toscano de Italia no mar Tirreno.

Gorgona é a illa máis setentrional do arquipélago toscano. Entre Córsega e Livorno, esta illa diminuta é valorada pola súa fauna, especialmente aves mariñas, e o seu illamento. Esta última calidade foi a razón da fundación dunha Abadía en Gorgona na Idade Media. Logo da súa pechadura, os terreos do mosteiro e os edificios apropiáronse en 1869, para a fundación da colonia penal agrícola de Gorgona, que está actualmente en uso.

Giannutri é unha pequena illa no Mar Tirreno, fronte á costa de Toscana, Italia. É a illa máis austral do arquipélago toscano e é unha parte da comuna da Isola de Giglio na provincia de Grosseto.

As Formiche di Grosseto ("formigas de Grosseto") é un grupo de illotes que emerxen agudamente no arquipélago toscano. Están localizados no mar aberto entre a costa do Parque Natural de Maremma e Pianosa, aproximadamente a 24 km de Porto Santo Stefano en Monte Argentario e 15,1 km de Marina di Grosseto. Forman parte da comuna de Grosseto e son unha reserva natural que forma parte dunha área de protección especial.

Palmaiola é un illote situado no medio da Canle de Piombino, a 3 km de Elba e 7 km de Piombino; É parte da comune de Rio Marina.

Arrecifes

[editar | editar a fonte]

Meloria é un arrecife rochoso, rodeado por un baixío, na costa toscana, no mar da Liguria,[3] a 5,6 km. ao noroeste de Livorno.

Scoglietto di Portoferraio

[editar | editar a fonte]

O Scoglietto di Portoferraio é un arrecife rochoso sen vexetación localizado fronte Portoferraio. É unha área mariña protexida desde 1971 e desde xaneiro de 2014 é un Sitio de Importancia Comunitaria. O arrecife ten 150 m de longo e 124 m de largo e está a 1,36 de Punta Capo Bianco e de Punta Falconaia.

Faro do Scoglietto di Portoferraio

[editar | editar a fonte]

O primeiro faro histórico construíuse en 1910, logo foi reconstruído en 1945 porque resultou destruído durante a segunda guerra mundial. O faro é unha torre de pedra cadrada coa torre cilíndrica de pedra colocada nunha esquina. Ten un balcón e a lanterna está a 24 metros sobre o nivel do mar. Está completamente automatizado e operado por Marina Militar identificado polo número de código 2068 E.F. O faro é alimentado por unha unidade de enerxía solar e emite un grupo de dous flases brancos alternando nun período de seis segundos visible ata 9,3 km.[4]

Scoglio d'Africa

[editar | editar a fonte]

O Scoglio d'Africa[5], tamén chamada Formica di Monte Cristo ("formiga de Monte Cristo"), é un pequeno arrecife solitario pertencente ao arquipélago toscano situado en mar aberto entre o mar Tirreno e a canle de Córsega. Está situado a 18,5 km ao oeste da illa de Montecristo, 23,5 km ao sur da illa de Pianosa e a 43,1 km ao leste de Córsega. Administrativamente pertence ao concello de Campo nell'Elba. Tamén forma parte do Parque Nacional do Arquipélago Toscano.

  1. ↑ Istat Arquivado 26 de xuño de 2017 en Wayback Machine. Consultado o 29 de marzo de 2017
  2. ↑ "Archipelago Toscano national Park". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2017. Consultado o 06 de maio de 2017.
  3. ↑ Mar Ligure Marina Militare
  4. ↑ Scoglietto di Portoferraio lighthouse Marina Militare
  5. ↑ Scoglio d'Africa Marina Militare

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]