Mangleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Imaxe dun mangleiro en Bangladesh.

Mangleiro[1] é o nome común dun grupo de especies de árbores ou arbustos que posúen adaptacións que lles permiten colonizar terreos anegados que están suxeitos a intrusións de auga salgada, nun ecosistema chamado mangleiral que se distribúe polas rexións tropicais e subtropicais da Terra.

O termo mangleiro inclúe varias especies que teñen adaptacións semellantes, máis que pertencen a familias diferentes. Algunhas destas adaptacións son:

  • Tolerancia a altos niveis de salinidade.
  • Raíces aéreas que estabilizan a árbore en terreos brandos.
  • Sementes flotantes (plántulas).
  • Estruturas especializadas que permiten a entrada de osíxeno e a saída de dióxido de carbono (lenticelas e neumatóforos).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mangleiro.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.