Saltar ao contido

Río Obi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Obi
(ru) Обь Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaKhantia-Mansia, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónKatun (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónMar de Kara Editar o valor en Wikidata
Mapa
 52°25′56″N 84°59′07″L / 52.4322, 84.9853
B 66°22′49″N 71°46′43″L / 66.3802, 71.7787
Afluentes
247
Conca hidrográficaOb Basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións3.650 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica2.990.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal12.492 m³/s Editar o valor en Wikidata
Mapa da rexión do río Obi
Cunca do río Obi

O río Obi ou río Ob (en ruso Река Обь) é un río de Rusia cunha cunca de aproximadamente 3.000.000 de km² que chega até terras de Kazakhstán, Mongolia e a China. É o máis occidental dos tres grandes cursos de auga de Siberia. A semellanza do Ienisei e o Lena, o Obi, que nace no macizo de Altai e desemboca nun extenso estuario no mar de Kara, corre en dirección sur-norte e drena unha gran rexión caracterizada fundamentalmente polas súas baixas altitudes.

Co seu gran afluente, o río Irtish, o río siberiano constitúe unha das máis longas arterias fluviais do mundo, cun curso de máis de 5.400 km. O Obi e os seus principais tributarios, ofrecen posibilidades de navegación estacional, representando unha vía de comunicación moi importante para un espazo con forte potencial de desenvolvemento e, tamén, un eixe de poboamento dominado por algunhas grandes cidades como Novosibirsk, Ekaterimburgo e Omsk, grandes centros industriais. A cunca do gran río, durante as últimas décadas, converteuse no principal lugar de extracción de hidrocarburos da Federación Rusa. Estas actividades humanas, fontes de riqueza e tamén de contaminación, ameazan medios naturais ricos e variados.

Administrativamente, discorre polos suxeitos federais da Federación de Rusia do krai de Altai, as oblast de Novosibirsk e Tomsk, e os distritos autónomos de Khantia-Mansia e Iamalo-Nenets.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Curso do río

[editar | editar a fonte]
Barco navegando polo río Obi

O Obi é un dos maiores cursos de auga do continente asiático e do mundo. Non obstante, os datos estatísticos relativos á súa lonxitude total poden variar moito segundo a fonte consultada. O curso principal do Obi, medido desde despois de Biisk, no pé do macizo de Altai, na confluencia do río Katun e o río Biya, até o seu estuario, que comeza tras Salekhard, é de 3.650 km, aos cales lle hai que engadir os 800 km do seu estuario, ou sexa, 4.450 km. En troques, se consideramos o nacemento do seu principal afluente, o río Irtysh, o inicio dunha arteria fluvial Obi-Irtish, a lonxitude total é de 5.410 km; (6.210 co estuario).[1]

O Obi superior

[editar | editar a fonte]

A parte superior do curso principal do río esténdese desde a confluencia do Katun e o Biya até que o Obi atopa co seu afluente o río Tom, a uns cincuenta quilómetros ao noroeste de Tomsk.[2]

O encontro dos dous ríos orixinarios dos montes Altai, o Katun (cunhas augas que proceden da fusión das neves dos altos cumios), polo oeste, e o Biya (emisario do lago Teletskoye), polo leste, dá nacemento ao río Obi, augas abaixo de Biisk. Estes dous cursos de auga, de lonxitudes respectivas de 688 e 301 km, e de caudal constante, aportan 626 m³/s e 477 m³/s ao río recentemente nacido.[3]

O Obi toma, na primeira parte do seu curso, unha dirección occidental, e recibe, pola súa marxe esquerda, numerosos afluentes de pouca lonxitude (comparativamente aos de máis abaixo), entre elos o Peschanaya, o Anuy e o Charysh. O río presenta un desnivel medio relativamente forte do 2,5 ‰, aínda que ten no seu leito bancos de area, así como illas. Despois do seu encontro co río Charysh,[4] oriéntase cara ao norte, tomando a dirección de Barnaul, e o val, así como o leito, amplíanse. O Obi adquire definitivamente o seu aspecto de curso de auga de chaira despois de recibir a contribución do Aley, tributario pola súa beira esquerda. En Barnaoul, o Obi retoma unha orientación occidental, o seu val amplíase aínda máis, chegando a medir entre 5 e 10 quilómetros de ancho, coa marxe esquerda máis escarpada que a dereita; o seu leito complícase (numerosos brazos, presenza de lagos) mentres que a súa profundidade media aumenta. O río cambia de novo de dirección en Kamen-na-Obi, seguindo un curso cara ao nordeste, e o val estréitase, non medindo máis que de 3 a 5 quilómetros de ancho antes de entrar no inmenso encoro de Novosibirsk. A partir desta última cidade, discorrendo sempre cara ao Ártico, o Obi entra nunha rexión forestal onde predominan os bidueiros e os álamos. A súa velocidade diminúe, e o seu val mide cerca de 20 quilómetros de ancho por termo medio. O curso superior acaba cando o río se encontra co seu gran afluente pola beira dereita, o río Tom, preto da cidade de Tomsk.

O Obi medio

[editar | editar a fonte]
Un dos afluentes do río pola esquerda do Obi: o Vasiugán.

Esta parte do río vai desde a confluencia co Tom até á unión co seu principal afluente, o río Irtish; aquí o curso segue unha dirección occidental.

Máis abaixo da confluencia co Tom, o curso de auga siberiano recibe varios afluentes que, se pola orela esquerda, son de pouca lonxitude (Chaya, Parabel), coa excepción do Vasiugán, pola beira dereita, en troques, ten cuncas hidrográficas máis importantes. O Obi recibe sucesivamente as contribucións do río Chulym, do río Ket, do río Tym, do río Vakh e do río Agan. A partir da súa confluencia co Agan, o río toma unha dirección occidental e recibe numerosos afluentes de lonxitude media: na marxe dereita, o Tromégan, o Lyamin e o Nazym; na marxe esquerda, o Gran Yugán e o Gran Salym; antes de unirse co seu principal tributario, o río Irtysh, preto de Khanty-Mansiysk. Este último, nacido nas montañas de Mongolia, ten unha lonxitude moi superior á da do Obi co seus 4248 km pero, debido ás escasas precipitacións que caen na súa conca, ten un caudal baixo (menos de 3.000 m³/s).

A partir do seu encontro co río Vasiugán, o Obi entra no ámbito da inmensa taiga siberiana. A súa pendente diminúe e o seu val amplíase de novo para alcanzar de 30 a 50 quilómetros mentres que o propio leito principal do río tamén se amplía, e dun quilómetro nas estiaxes, pode alcanzar tres quilómetros no período de crecidas. A profundidade do leito fica entre 4 e 8 metros durante as augas baixas. En período de crecida, o Obi desbórdase do seu leito menor e inunda o val en varias decenas de quilómetros durante dous meses ou tres.[2]

O Obi inferior

[editar | editar a fonte]
Imaxe satélite do delta do Obi.

Esta última parte do curso empeza despois da confluencia co Irtysh. O Obi deixa a súa dirección occidental para tomar unha dirección norte-nordeste até Peregrebnoye. Nesta cidade, toma unha orientación totalmente norte. O río cruza o límite setentrional da taiga antes de penetrar na tundra cando chega até o seu delta.

Nun amplo val de 30 quilómetros, dominado por alturas de medianas na orela dereita, o curso de auga discorre lentamente dividíndose, pouco antes do Peregrebnoye, en dous brazos: o gran (Bolshaya) Obi á dereita, o pequeno (Malaya) Obi á esquerda. Cada un dos seus brazos recibe diversos afluentes, o Kunovat e o Kazym no primeiro; o Synya e o Sosva do Norte no segundo. Antes de chegar a Shuryshkary, o río ten un leito de 19 quilómetros de amplo e 40 metros de profundidade. Tras a confluencia, máis alá de Salekhard, co Poluy, o Obi divídese de novo en dous brazos, o Khamanelsk Obi (esquerda) e o Nadym Obi (dereita) para formar un delta. Este delta ábrese sobre o golfo do Obi (en ruso Obskaya Guba), cualificado de estuario. A ambigüidade sobre este espazo e sobre o termo que debe empregarse para designalo conduce á súa exclusión, en todas as fontes, no cálculo da lonxitude do río. Con 800 quilómetros de longo e de 30 a 100 de amplo, posúe a súa propia zona de captación, cubrindo unha superficie de 105.000 km² antes do chegar ao mar de Kara.

Sobre a costa oriental, ábrese un divertículo, o golfo do Taz, desembocadura do río do mesmo nome, que drena o distrito autónomo de Iamalo-Nénets e posúe unha conca de 150.000 km² e unha lonxitude superior a 1.400 quilómetros.[5]

O golfo (ou estuario) do Obi, pouco profundo (de 10 a 12 metros), divide as penínsulas de Yamal e Gyda; o litoral oriental é moi escarpado mentres que o occidental é baixo e pantanoso.[6]

Hidrografía

[editar | editar a fonte]
O Obi conxelado en Novosibirsk.

A conca do Obi cobre en total unha superficie de arredor de 2.975.000 km², incluíndo esta superficie unha zona esteparia de 521.000 km² pouco irrrigada que non dá lugar a ningunha achega superficial e que, en consecuencia, non reforza o caudal do río.[7] En función da consideración ou da exclusión deste espazo, esta conca é a quinta ou a sexta, ou a sétima, máis ampla do mundo despois das do Amazonas, do Congo, do Mississippi, do Nilo e máis ou menos como a do Ienisei.[8] O sétimo posto sae de considerar o mar Caspio e o Río da Prata cuncas hidrográficas.

A conca esténdese polo territorio de catro Estados: Rusia (73,77%) e Kazakhstán (24,71%) que comparten case a totalidade da súa superficie, e a China (1,51%) e Mongolia (0,01%) que non participan máis que de xeito marxinal.[9] Na súa maior parte (85%), está constituída pola chaira de Siberia occidental. O único relevo está formado por pequenos outeiros, chamados grivy, con orientación suroeste - nordeste. Esta chaira é unha zona de inundación; os sedimentos acumuláronse en máis de 6000 metros de grosor sobre capas de terreos da era secundaria.[10] Estes extensos horizontes levan a marca das grandes glaciacións, coa presenza de numerosos rastros morénicos e de terrazas fluvioglaciares.

O Obi debe a estas glaciacións o seu estuario, onde acaba formando un delta. Este estuario é testemuña dunha costa antano somerxida, cando o continente estaba máis afundido polo peso dos xeos que se estendían até os 110° de lonxitude leste.

Até a súa confluencia co Irtysh, o Obi toma unha antiga canle glacial anteriormente ocupada por un curso de auga que corría cara á depresión aralo-caspiana. A elevación da parte meridional de Siberia orientou a rede hidrográfica cara ao norte. Esta parte meridional está constituída polas montañas do Altai e o seu ante-país que corresponde á zona onde o río recolle un gran caudal aínda que apenas representa máis dun 10% da superficie total da cunca.

A cunca hidrográfica posúe máis de 1.900 cursos de auga cunha lonxitude de 180.000 km. O principal tributario do Obi, o Irtysh, posúe, aínda que aporta pouca auga ao río, unha extensa conca de 1.593.000 km², o que representa preto do 54% da superficie total.[11]

Clima e hidroloxía

[editar | editar a fonte]
Caudal mensual do Obi en Barnaul.
Caudal mensual do Obi en Salekhard.

A extensa conca do Obi pode dividirse en tres zonas climáticas. Ao sur da liña Omsk-Tomsk (polos 55° de latitude setentrional) prevalece o clima siberiano meridional de verán cálido (máis de 25 °C en xullo) e inverno duro (-15 °C en xaneiro), con temperaturas inferiores a 0 °C de 120 a 180 días ao ano na conca do Irtysh, de 180 a 210 días na do Obi (as temperaturas extremas poden elevarse a máis de 40 °C e descender a -60 °C).[12]

Ao norte desta zona até o estuario áchase o clima siberiano de verán fresco (+15 °C en xullo) e inverno severo (-10 °C en xaneiro), mentres que o estuario ten un clima ártico (como en Novyi Port), onde as temperaturas máis baixas alcanzan -32 °C en decembro e as máis altas elévanse a +11 °C en xullo. Estas baixas temperaturas que dominan o conxunto da conca fan que as augas do río se xeen durante varios meses ao ano. No curso superior, o Obi conxélase de principios de novembro a finais de abril en Barnaoul; mentres que en Salekhard, as súas augas xéanse de finais de outubro a principios de xuño.[13]

As precipitacións anuais son escasas en case a totalidade da conca -arredor de 400 mm no Norte, de 500 a 600 mm na zona de clima siberiano de verán fresco, de 300 a 400 mm máis ao sur (clima siberiano meridional), e caen, as catro quintas partes, durante o período estival, limitado a dous meses. Só a zona montañosa do Altai recibe abundantes precipitacións (da orde de 2000 mm ao ano), e, grazas aos seus glaciares, abastece abundantemente os afluentes máis meridionais do Obi.

O seu curso de chaira é determinante para dar ao río un caudal mediocre (4,3 l/s/km²) con relación á amplitude da súa conca.[14] Chegando á chaira, o Obi convértese nun curso de auga moi lento cun réxime que varía moi pouco do sur ao norte e que sofre unha evaporación bastante importante que dura o curto, pero ás veces cálido, período estival.

En Barnaul, onde o caudal medio[15] alcanza os 1.488 m³/s ao igual que en Novosibirsk onde é de 1760 m³/s, o Obi presenta aínda un réxime hidrolóxico de tipo nival mixto (montaña e chaira). Máis ao norte, convértese nun río de chaira, cunha escasa alimentación que fai que teña un caudal específico baixo (a unión co Irtysh, tamén de moi baixo caudal específico, non modifica esta característica). O réxime do Obi presenta entón as características do tipo nival de chaira clásico con augas altas en maio e en xuño, e as baixas de marzo a abril. O Obi é o menos caudaloso dos ríos siberianos cun caudal medio de 12.760 m³/s en Salekhard.[16] (O valor máximo rexistrado é de 42.800 m³/s, a cifra mínima de 2.000 m³/s).

Obras de acondicionamento

[editar | editar a fonte]
[editar | editar a fonte]
O porto de Barnaul sobre o Obi.

O Obi é unha vía de comunicación esencial para a Siberia occidental, aínda que só sexa navegable 190 días ao ano por termo medio no seu curso superior e arredor de 150 días no seu curso inferior. Unha boa parte das mercancías transportadas polo río seguen logo pola ruta marítima do norte a través do Ártico. O transporte fluvial actúa complementariamente co Transiberiano, que garante as conexións Leste-Oeste entre as grandes cuncas siberianas: a cunca agrícola de Omsk sobre o Irtysh e a cunca carbonífera de Kouzbass sobre o río Tom.[17] O grande eixo ferroviario cruza o Irtysh en Omsk e o Obi en Novosibirsk. A vía férrea do Turksib, que une Asia Central con Siberia, únese ao Transiberiano nesta última cidade, despois de ter cruzado o Obi superior en Barnaul.[18]

A finais do século XIX, un conxunto de canles, sobre o río Ket, foi construído para comunicar o río Obi co Yenisséi, pero foi abandonado xa que non era competitivo con relación ao transporte ferroviario.

Equipamentos hidroeléctricos

[editar | editar a fonte]

As posibilidades hidroeléctricas do Obi e dos seus afluentes son considerables e están estimadas en 250 mil millóns de kWh, pero a produción é escasa respecto ás súas posibilidades. O Obi só proporciona enerxía até un máximo de 2 mil millóns de kWh e o Irtysh, de 4 kWh. Os principais encoros atópanse en Novossibirsk sobre o Obi e en Bukhtarma e Öskemen sobre o Irtysh. O primeiro citado é abastecido por un extenso lago de retención, o máis importante de Siberia, cunha superficie de 1070 km² e cunha profundidade media de 9 metros.

Poboación e cidades

[editar | editar a fonte]
Ponte sobre o Obi en Novossibirsk.

A conca do Obi, como se detallou arriba, expándese cerca do 75% da súa totalidade sobre territorio ruso e, circunstancialmente, sobre o norte de Kazakhstán. A maioría da poboación está formada por eslavos. Existen, non obstante, pobos non eslavos como o dos kazakos que se concentra esencialmente na conca media do Irtysh, o pobo de fala turca do Altai e o shor nas zonas montañosas. Tamén podemos atopar tatars (dos que forman parte os khantys e os mansis) no curso do Irtysh.

Na parte setentrional viven os pobos nénètse, nganasan, énètse e selkup, algúns practicantes aínda do nomadismo.[19] A poboación concéntrase fundamentalmente nos vales. Desde o nacemento até a desembocadura podemos pasar polas seguintes cidades:

Economía

[editar | editar a fonte]

As actividades agrícolas e industriais desenvolvéronse moito na conca do Obi durante o período soviético. Hoxe en día, e a pesar dun repregue nos anos noventa, Omsk, Novossibirk e Barnaul aparecen como os principais centros industriais. O sur da conca, que corresponde á zona esteparia, é a principal rexión produtora de trigo de primavera de Rusia. Pero actualmente é sobre todo a extracción de petróleo e de gas natural no centro e o norte da conca o que produce a riqueza deste extenso espazo (cerca dos 2/3 de hidrocarburos rusos prodúcense alí). A principal zona de extracción localízase no distrito autónomo de Khantys-Mansis, explotada desde 1965 e cualificada de terceiro Bakú. Desde que comezou a explotación do potencial do subsolo, extraeuse non menos de 6 mil millóns de toneladas de petróleo e 500 mil millóns de m³ de gas natural; as dificultades inherentes a esta rexión, a natureza hostil e a falta de investimentos en técnicas máis potentes conduciron a unha diminución da produción desde 1987 (aínda que representaba case a metade do petróleo da Federación Rusa).

Medio natural

[editar | editar a fonte]

Fauna e flora

[editar | editar a fonte]
Sol poñéndose sobre a taiga siberiana.

A conca presenta formacións vexetais variadas. Ao sur, na zona correspondente ao clima siberiano meridional, atópanse prados siberianos, estepas de herbas, accidentadas con depresións salinas ou solonetz, de áreas húmidas, con bosques de bidueiros, de álamos e de piñeiros.

A conca do Irtysh, sobre as súas marxes sur-occidentais e nos vales do Tobol e do Ichim, sitúase no límite do clima desértico de Kazakhstán e é o ámbito da estepa onde non se encontran árbores. Máis ao norte, a taiga dáse no clima siberiano de verán fresco e está salpicada de marismas chamadas ourmany, precedendo esta a tundra, que ocupa a parte máis baixa do río.

Máis dunha cincuentena de especies de peixes viven na conca do Obi e no extenso estuario. De todas elas, as máis importantes economicamente son algunhas variedades de esturións como o Stenodus leucichthyse, e o Coregonus nasuse. Existen tamén: a perca, o peixe sapo, a carpa, o lucio e o alburno. A conxelación estacional das augas dos cursos de auga na parte baixa da conca, (desde a confluencia co Tym até o delta) contribúe a unha forte diminución da osixenación das augas, e implica unha elevada mortalidade nos peixes.

Entre os mamíferos presentes no val do Obi e dos seus afluentes é posible descubrir numerosos animais de pel valiosa, como o visón, a marta (Mustela erminea), a lontra, o castor, pero tamén o lobo, o raposo, o alce, a lebre ártica e o rato. Máis de 170 especies de aves viven nas ribeiras do río e dos afluentes que o abastecen, entre as que se encontran numerosas perdices, gansos, patos, pitas do monte ou gangas.

Problemas ecolóxicos

[editar | editar a fonte]
A fusión rápida dos glaciares do Altai multiplica o risco de crecidas do Obi.

O seu principal afluente, o Irtysh, ten parte do curso superior (arredor do 30% da súa lonxitude total) na China, que ten previsto, desde 1997, a construción de obras que conducirán a desviar unha parte importante das augas do río (como mínimo 20%), para regar os seus territorios áridos do noroeste.[20] A rexión de Omsk depende das augas do Irtysh. A diminución do seu caudal podería ser catastrófica, reducindo os volumes de pesca local, o regado dos campos e privando á industria dunha parte da súa subministración. As consecuencias ecolóxicas non serían menos graves, podendo desaparecer numerosas especies de peixes.

A contaminación das augas do Obi e dos seus afluentes polos residuos industriais e urbanos é moi grave e segue en aumento. A degradación da calidade das augas estaba localizada, até principios dos anos oitenta, sobre todo no curso superior do Obi e do Irtysh, é dicir, onda os lugares máis poboados e máis industrializados da Siberia occidental. Hoxe en día, como consecuencia do desenvolvemento das zonas de extracción petrolífera e gaseira, a contaminación é maior e chega até as rexións máis setentrionais. Os accidentes de oleodutos, as fugas dos pozos e das estacións de bombeo, son as causas principais da contaminación dos cursos de auga e dos solos polos hidrocarburos. Os efectos destes efluentes son tanto máis inquietantes canto que se producen en medios de baixa capacidade de autodepuración.

Un dos afluentes da beira dereita, o río Tom, cruza o Kouzbass, o máis importante centro de extracción de carbón en Rusia e un dos maiores centros da metalurxia e a industria química. Un estudo realizado polo Instituto dos problemas acuáticos e ecolóxicos, e por outros institutos da rama siberiana da Academia rusa das Ciencias, revela que este río está moi exposto a contaminación de orixe antrópica, en particular augas abaixo dos grandes centros industriais.

Afluentes do río Obi

[editar | editar a fonte]

O río Obi ten moitísimos afluentes, sendo os máis importantes os que recolle a seguinte táboa (a táboa non está completa).

O río Obi e os seus afluentes (máis de 200 km)
Tramo Marxe Nome do río Nome (ruso) Desembocadura Lonxitude (km) Cunca (km²) Caudal (m³/s) Suxeitos federais rusos Outros países
Curso SuperiorE-Río KatunКатуньObi68860.900626República de Altai
Krai de Altai
-
---Río ChuyaЧуяKatun32011.20042República de Altai-
---Río ArgutАргутKatun2309.55095República de Altai-
-DRío Biya[21]БияObi30137.000477Krai de Altai
República de Altai
-
---Río ChulyshmanЧулышманBiya24116.800160República de Altai-
---Río BashkausБашкаусChulyshman2197.70027República de Altai-
E-Río PestchanaïaПесчанаяObi4005.40031,5República de Altai
Krai de Altai
-
E-Río AnouïАнуйObi3276.93036,1República de Altai
Krai de Altai
-
E-Río CharysЧарышObi54722.200192República de Altai
Krai de Altai
-
E-Río AléiАлейObi82821.10033,8Krai de Altai Kazakhstán
-DRío ChumishЧумышObi64423.900145República de Altai
Oblast de Kemerovo
-
-DRío BerdБердьObi3638.65045,8Oblast de Novosibirsk-
--Río IniaObi66317.60047Oblast de Kemerovo
Oblast de Novosibirsk
-
Curso medio ou Alto Obi-DRío TomТомьObi82762.0001.100Khakassia
Oblast de Kemerovo
Oblast de Tomsk
-
---Río KondomaКондомаTom3928.270123Oblast de Kemerovo-
---Río Mras-SouМрас-СуTom3388.840155Oblast de Kemerovo-
E-Río SegarkaШегаркаObi38212.00012,6Oblast de Novosibirsk
Oblast de Tomsk
-
-DRío CulymЧулымObi1.799134.000785Krai de Krasnoyarsk
Oblast de Tomsk
-
---Río SerejСережCulym2004.75010Krai de Krasnoyarsk-
---Río KijaКияCulym54832.200240Oblast de Kemerovo
Oblast de Tomsk
-
---Río TchetЧетьKija43214.30066Krai de Krasnoyarsk
Oblast de Tomsk
-
---Río ChitchkayulЧичкаюлCulym4506.15033,5Oblast de Tomsk-
---Río KemtchugКемчугCulym44110.30060Krai de Krasnoyarsk-
---Río UlujulУлуюлCulym4118.45043,9Oblast de Tomsk-
---Río JajaЯяCulym38011.70088,5Oblast de Kemerovo
Oblast de Tomsk
-
E-Río Chaja[22]ЧаяObi13427.20070Oblast de Tomsk-
---Río IksaИксаChaja4306.13018Oblast de Novosibirsk
Oblast de Tomsk
-
---Río ParbigПарбигChaja3209.18029Oblast de Tomsk-
---Río BaktcharБакчарChaja3487.31017,7Oblast de Tomsk-
E-Río Parabel[23]ПарабельObi30825.50090Oblast de Tomsk-
---Río KengaКенгаParabel4988.57027Oblast de Tomsk-
---Río TchouzikЧу́зикParabel3829.00026,8Oblast de Tomsk-
-DRío KetКетьObi1.62194.200560Krai de Krasnoyarsk
Oblast de Tomsk
-
---Río PayduginaПайдугинаKet4588.97070Oblast de Tomsk-
---Río LisitsaЛисицаKet4147.980Oblast de Tomsk-
---Río YeltyrevaKet3325.240Oblast de Tomsk-
---Río YelovayaЕловаяKet3316.230Krai de Krasnoyarsk-
---Río OrlovkaОрловкаKet3279.01065Oblast de Tomsk-
---Río MendelМендельKet3663.800Krai de Krasnoyarsk-
E-Río VasyuganВасюганObi1.08261.800345Oblast de Novosibirsk
Oblast de Tomsk
-
---Río NiourolkaVasyugan3398.11060Oblast de Tomsk-
---Río ChizhapkaЧижапкаVasyugan51113.80085,5Oblast de Tomsk-
---Río MakhnoМахняVasyugan2112.110Oblast de Tomsk-
---Río KelvatКельватVasyugan1991.690Oblast de Tomsk-
---Río YagylyahЯгылъяхVasyugan3684.680Oblast de Tomsk-
---Río ChertalaКельватVasyugan3116.060Oblast de Tomsk-
-DRío TymТымObi95032.300250Krai de Krasnoyarsk
Oblast de Tomsk
-
---Río SangilkaСангилькаTym3354.490Oblast de Tomsk
Krai de Krasnoyarsk
Khantia-Mansia
-
---Río LymbelkaЛымбелькаTym2402.150Oblast de Tomsk
Krai de Krasnoyarsk
Khantia-Mansia
-
-DRío VakhВахObi96476.700504Khantia-Mansia-
---Río KolikieganКоликъеганVakh45712.20065,1Khantia-Mansia-
---Río SabuniСабунVakh32815.700Khantia-Mansia-
-DRío TroméganТромъеганObi58155.600425Khantia-Mansia-
---Río AganАганObi54432.200260Khantia-Mansia-
E-Río Bolshoi JuganObi1.06334.700173Khantia-Mansia-
---Río Malyj YugánМалый ЮганBolshoi Jugan52110.20060Khantia-Mansia-
-DRío PimПимObi39012.70068Khantia-Mansia-
E-Río Bolshoi SalymБольшой СалымObi58318.10069,5Khantia-Mansia
Oblast de Tyumen
-
---Río Tucán (Rusia)ТуканBolshoi Salym2152.51060Khantia-Mansia-
-DRío LyaminЛяминObi42014.000100,2Khantia-Mansia-
-DRío NazymНазымObi42211.70086,9Khantia-Mansia-
Curso InferiorE-Río Irtysh[24]Obi4.2482.1501.673.470Khantia-Mansia
Oblast de Omsk
Oblast de Tyumen
-
---Río KondaIrtych1.09772.800230Khantia-Mansia-
---Río MulymyaМулымьяKonda6087.81022,5Khantia-Mansia-
---Río Bolshoy TapБольшой ТапKonda5046.700Khantia-Mansia-
---Río KumaКумаKonda5307.75022,9Khantia-Mansia-
---Río YukondaKonda3246.870Khantia-Mansia-
---Río DemiankaIrtych1.16034.800Oblast de Omsk
Oblast de Tyumen
-
---Río KeumDemianka3543.630Oblast de Tyumen-
---Río UrnaDemianka336Oblast de Omsk
Oblast de Tyumen
-
---Río ImgytDemianka3045.980Oblast de Tyumen-
---Río NoskaНоскаIrtych3748.50016,5Oblast de Tyumen-
---Río TurtasТуртасIrtych24112.10039,9Oblast de Omsk
Oblast de Tyumen
-
---Río TobolIrtych1.591426.000805Oblast de Kurgan
Oblast de Tyumen
-
---Río Tavda[25]ТавдаTobol71988.100440Oblast de Sverdlovsk
Oblast de Tyumen
-
---Río PelymПелымTavda70715.200100Oblast de Sverdlovsk-
---Río LozvaЛозьваTavda63717.80070Oblast de Sverdlovsk-
---Río SosvaСосьваTavda63524.700113Oblast de Sverdlovsk-
---Río LialiaЛяляSosva3207.500Oblast de Sverdlovsk-
---Río LobvaЛобваLialia2603.98020,1Oblast de Sverdlovsk-
---Río TuraТура́Tobol1.03080.400Oblast de Sverdlovsk
Oblast de Tyumen
-
---Río PychnaПышмаTura60319.70034Oblast de Sverdlovsk
Oblast de Tyumen
-
---Río Nitsa[26]НицаTura26222.600Oblast de Sverdlovsk-
---Río NeivaНейваNitsa2945.60019Oblast de Sverdlovsk-
---Río RejРежNitsa2194.40011,9Oblast de Sverdlovsk-
---Río TagilТагилTura41410.100Oblast de Sverdlovsk-
---Río SaldaСалдаTura1823.67013,4Oblast de Sverdlovsk-
---Río IsetИсетьTobol60658.90065,4Oblast de Kurgan
Oblast de Sverdlovsk
Oblast de Tyumen
-
---Río MiassМиассIset65821.80017Oblast de Kurgan
Baxkortostán
Oblast de Cheliabinsk
-
---Río TetchaТечаIset240715.0006,63Oblast de Kurgan
Baxkortostán
Oblast de Cheliabinsk
-
---Río UyУйTobol46234.40013,6Oblast de Kurgan
Baxkortostán
Oblast de Cheliabinsk
-
---Río UvelkaУвелькаUy2604.7004,3Oblast de Cheliabinsk-
---Río ToguzakТогузакUy2007.9702,9Oblast de Cheliabinsk Kazakhstán
---Río UbaganУбаганTobol37650.700Oblast de Cheliabinsk Kazakhstán
---Río AïatАятьTobol22511.0004,88Oblast de Cheliabinsk Kazakhstán
---Río VagaiIrtych55523.20035Oblast de Tyumen-
---Río IshimIrtych2.450177.00056,3Oblast de Omsk
Oblast de Tyumen
Kazakhstán
---Río KolutonIchim200- Kazakhstán
---Río TerisakkanIchim350- Kazakhstán
---Río Akan-BurlukIchim240 Kazakhstán-
---Río Iman-BurlukIchim230 Kazakhstán-
---Río Bolchaya TavaБольшая ТаваIchim1802.7406,23Oblast de Omsk
Oblast de Tyumen
-
---Río TuyТуйIrtych5078.49031,3Oblast de Omsk-
---Río Shish (ou Chich)ШишIrtych3785.27015,2Oblast de Omsk-
---Río Osha (Ocha)ОшаIrtych53021.3004,95Oblast de Omsk-
---Río UyУйIrtych38726.70024Oblast de Novosibirsk
Oblast de Omsk
-
---Río TaraIrtych80618.30040,8Oblast de Novosibirsk
Oblast de Omsk
-
---Río OmIrtych1.09152.40050Oblast de Novosibirsk
Oblast de Omsk
-
---Río TartasOm56616.20021,2Oblast de Novosibirsk-
---Río ItchaИчаOm2403.3004,81Oblast de Novosibirsk-
---Río ChaganШаганIrtych29525.4001,02- Kazakhstán
---Río ČarЧарIrtych25014.0004,82- Kazakhstán
---Río UbaУбаIrtych2789.850178- Kazakhstán
---Río BuchtarmaIrtych33612.660214- Kazakhstán
-DRío KazymКазымObi65935.600267Khantia-Mansia-
---Río AmnyaАмняKazym3747.210Khantia-Mansia-
E-Río Severnaja SosvaСеверная СосьваObi75498.300860Khantia-Mansia-
---Río Malaya SosvaМалая СосьваSevernaja Sosva48410.40036,7Khantia-Mansia-
---Río Liapin-Hulga[27]ЛяпинSevernaja Sosva40427.300345Yamalo-Nenets-
---Río HulgaХулгаLiapin253Khantia-Mansia-
E-Río ShchuchyaЩучьяObi56512.300109Yamalo-Nenets-
-DRío Poluy[28]ПолуйObi36921.000170Yamalo-Nenets-
---Río Glubokij PolujГлубокий ПолуйPoluy266Yamalo-Nenets-
---Río Suchoj PoluyСухой ПолуйPoluy2125.10045Yamalo-Nenets-
  1. Sínteses dos datos dos artigos sobre o Obi da Enciclopedia Británica, da Encyclopaedia Universalis e de Jean Radvanyi, "El Obi" en Diccionario ilustrado de las maravillas naturales del mundo, Selección del Lector Digest, 1977.
  2. 1 2 Entrada «Ob River» da Encyclopaedia Britannica. Consultado o 16 de xuño de 2012. (en inglés)
  3. (en inglés) S.A Sukhenko, Relation between mercury concentration and water discharge in the Katun River, Siberia, International Association for sediment Water Sciences. International symposium n°6, Santa Barbara, 1995, vol. 46, n° 1, p. 245-250.
  4. Informations sur la Charysh Arquivado 24 de novembro de 2009 en Wayback Machine., sitio da UNESCO. Consultado o 16 de xuño de 2012.
  5. Mark B. Allen, Clare E. Davies, Unstable Asia: active deformation of Siberia revealed by drainage shifts, Department of Earth Sciences, University of Durham, Durham, 2007.
  6. Artigo Gulf of Ob da Encyclopaedia Britannica.
  7. Artigo sobre o Obi da Encyclopaedia Universalis.
  8. Jacques Béthemont, Les grands fleuves, p. 20.
  9. Transboundary rivers flowing through EECCA countries and discharging into the Arctic Ocean and their major transboundary tributaries, Nations Unies, p. 2 Lire en ligne Arquivado 07 de xullo de 2007 en Wayback Machine.. Consultado o 16 de xuño de 2012.
  10. Jean Radvanyi, L'Ob in Dictionnaire illustré des merveilles naturelles du monde, Sélection du Reader Digest, 1977, p. 282.
  11. A superficie da conca e o caudal medio dos diferentes afluentes do Obi dispoñibles en: site Arquivado 21 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. rassemblant les données des principales stations hydrologiques de l'ex Union Soviétique. Consultado o 16 de xuño de 2012.
  12. Entrada « Ob River » da Encyclopaedia Britannica, p. 2. Consultado o 16 de xuño de 2012. (en inglés)
  13. Jean Radvanyi, El Obi en Dictionnaire illustré des merveilles naturelles du monde, Selection du Reader Digest, 1977, p. 283.
  14. Jacques Béthemont, Les grands fleuvese', p. 21.
  15. Le débit del Obi en Barnaoul Arquivado 25 de novembro de 2009 en Wayback Machine.. Consultado o 16 de xuño de 2012.
  16. Le débit de elOb à Salekhard Arquivado 24 de novembro de 2009 en Wayback Machine.. Consultado o 16 de xuño de 2012.
  17. Jacques Béthemont, Les grands fleuvese', p. 227.
  18. Entrada « Ob River » da Encyclopaedia Britannica, p. 5. Consultado o 16 de xuño de 2012.
  19. Les autres peuples du Grand Nord Arquivado 22 de xuño de 2008 en Wayback Machine. en jeanlouisetienne.fr. Consultado o 16 de xuño de 2012. (en francés)
  20. La frontière russo-chinoise: une zone de tous les dangers écologiques Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Ria Novosti. Consultado o 16 de xuño de 2012. (en francés)
  21. O río Biya ten só 301 km de lonxitude, pero se se considera o lago Teletskoye e unha das súas fontes, o río Chulyshman, alcanza os 615 km.
  22. O río Chaja ten só 134 km de lonxitude, pero se se considera cunha das súas fontes, o río Baktchar (de 348 km), alcanza os 482 km.
  23. O río Parabel, de 308 km, fórmase pola confluencia dos ríos Tchouzik e Kenga (498 km). O sistema Parabel-Kenga alcanza os 806 km.
  24. Hai gran disparidade entre as fontes, que poden chegar até os 2.980 km.
  25. O río Tavda (719 km) ten como unha das súas fontes o río Sosva (635 km), alcanzando o sistema Tavda-Sosva 1.319 km.
  26. O río Nitsa (262 km) ten como unha das súas fontes o río Neiva (294 km), alcanzando o sistema Nitsa-Neiva 556 km.
  27. O río Liapin ten só 151 km, pero cunha das súas fontes, o río Hulga, alcanza os 404 km.
  28. O río Poluy ten só 369 km, pero cunha das súas fontes, o río Suchoj Poluy (de 212 km), alcanza os 635 km.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Roger Brunet, Atlas de la Russie et des pays prochese, Dynamiques du territoire, La Documentation Française, París, 1996 ISBN 978-2110034281
  • Jean Radvanyi, La nouvelle Russie, Collection U Géographie, Armand Colin, París, 2007 ISBN 978-2200352899
  • Jacques Béthemont, Les grands fleuvese, Armand Colin, París, 2000 ISBN 978-2200260927
  • Alain Giret, Hydrologie fluviale, Universités géographie, Ellipses Marketing, París, 2007 ISBN 978-2729832261

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]