Curso de auga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Lomnianka, curso de auga da República Checa

Curso de auga é o nome xenérico das augas correntes que discorren por un canle fixo.

Características[editar | editar a fonte]

Todo curso de auga está alimentado por unha conca cuxas augas avena. Os torrentes e os regatos forman os afluentes dos ríos principais que desembocan no mar ou nun lago. O réxime dun curso de auga depende esencialmente das condicións da súa alimentación e das características do seu leito: largura, trazado, perfil lonxitudinal e transversal, etc. Polo demais, as formas do leito non cesan de mudar xa que, en certas partes, sofren unha erosión máis ou menos intensa, en tanto que noutras deposítanse aluvións que elevan o fondo e regularizan o seu perfil. Incluso as maiores fervenzas rematan por desaparecer pois, ao ir retrocedendo, diminúe a súa altura até o punto de suprimirse a desnivelación.

A potamoloxía estuda numerosos fenómenos relativos aos cursos de auga. Entre estes hainos que concernen á dinámica fluvial e outros constitúen a hidroloxía fluvial propiamente dita.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]