Lindoso
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Viana do Castelo | ||||
Concello | Ponte da Barca | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 536 (2001) (11,53 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 46,48 km² | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2022.) |
Lindoso é unha freguesía portuguesa do concello de Ponte da Barca, na actualidade constituída por tres lugares, Cidadelhe, Parada e, por último, o lugar de Lindoso, con 46,48 km² de área e 427 habitantes (2011). A súa densidade de poboación é 9,2 hab/km². Foi vila e sede de concello ata o inicio do século XIX.
Historia e xeoloxía
[editar | editar a fonte]Lindoso deriva do latim 'Limitosum', aparecendo por primeira vez nas inquirições de 1258. Con todo hai unha lenda que di o rei de Portugal, D. Dinis "tão alegre e primoroso o pensou, que pronto lindoso o chamou", feito que o levou a varias visitas ao Castelo de Lindoso, reconstruído en 1278.
No século XV, a familia dos Araúxo, de orixe galega, concretamente das terras de San Martiño de Lobios, fronteirizo a Portugal, tornouse Señor de Lindoso, e os descendentes dos Araúxos viñeron a ser alcaldes en Lindoso.
Tamén, polo Señor de Lindoso, pasou a familia Cyrne/Cirne, descendente de Manuel Cyrne, Señor de Refóios (1470), tataraneto paterno de Martim de Tavora de Noronha e Sousa Cirne, alcalde de Lindoso (* 1653 +1727), este último tamén bisneto de Martim de Távora e Noronha, Señor do Morgado de Campo Belo (1640), que tamén era tataraneto de Pedro Lourenço de Távora, Señor de Mogadouro (1430).
Foi Señor de Lindoso Francisco de Abreu Pereira (1640), con ascendencia nos Abreu Pereira Cirne Peixoto do Paço de Lanheses, familia coa representación nos condes de Almada.
Polo tempo de 1750, foi alcalde de Lindoso, Joaquim Leite de Azevedo Vieira do Vale e Faría Carballeiras, sendo seu avó materno Martim de Tavora de Noronha e Sousa Cirne, tamén alcaide de Lindoso, casou con Leocádia Simeana de Bourbon, irmán de João Tomás Peixoto da Silva (1734) fillos de Madalena Luísa de Bourbon, neta de D. Antônio de Almeida, conde de Avintes (1670) que a vez era pai de D. Lourenço de Almeida, gobernador de Pernambuco (1670). D. Antônio de Almeida casou con Madalena de Brito e Bourbon, filla de D. Luís de Lima Brito e Nogueira, conde de Arcos (1640) e de Victoire de Cardaillac, filla de Gilbert François de Cardaillac, barón de La Chapelle (1570) e de Madeleine de Bourbon, filla de Henri de Bourbon, vizconde de st. Denis, cuxa descendencia provén de Jean I (1381 +1434) duque de Bourbon e de Louis IX Saint-Louis Rei de Francia.
En 1863, o rei de Portugal, D. Luís I creou o título de Duque de Lindoso a favor de João Peixoto da Silva Almeida Macedo Lindoso (* 1826 + 1899), neto de Henri de Bourbon. En 1887, concedeulle o título de arquiduque en 1898, o entón rei de Portugal, D. Carlos I concedeulle outro título: o de Conde de Lindoso.
É probábel que estes nomes do norte de Portugal e, igualmente, os descendentes dos Bourbon de Francia adoptasen o apelido de Lindoso nalgún momento da historia, pois o título de nobreza e señorío de Lindoso pertencía a súa familia. A familia dos Lindoso eran nobres, con moito poder económico en Italia e Portugal.
O primeiro Lindoso do que se ten noticia nos anais da historia aparece en 1824 é o militar José Alexandre Lindoso, que era axudante do capitán Miguel Inácio dos Santos Freire e Bruce, naquel tempo presidente da provincia do Maranhão e que compuxo a xunta gobernativa daquela provincia entre os anos de 1821 e 1824.
Salvo a maioritaria emigrado para o Brasil ocorrida na primeira metade do século XIX, tense por hipótese que José Alexandre Lindoso fose agraciado cunha sexta parte nos termos de Viana, crese que parentes terían vido estabelecerse na rexión, onde se fixeron propietarios de terras nos municipios de São João Batista (Maranhão) e Viana na Baixada Maranhense.
Sábese tamén que as 3ª e 4ª xeracións de nacidos no Brasil migraran para São Luís e do Maranhão para a selva Amazónica no tempo da exploración do caucho no inicio do século pasado, de cuxo ramo descende José Bernardino Lindoso, que foi gobernador do estado do Amazonas. Além de Portugal, Italia e do Maranhão, tamén hai rexistros de persoas co apelido de familia Lindoso na rexión sueste, principalmente na cidade do Río de Xaneiro, así como noutros grandes centros urbanos: Brasilia, São Paulo e no exterior, nos Estados Unidos, España, Italia, etc… Aínda que resulte imposíbel identificar a que galla pertencen.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Castelo de Lindoso
- Espigueiros de Lindoso
- Represa de Lindoso
- Ponte de Lindoso
- Encoro do Alto-Lindoso
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lindoso |