Río Madeira
| (pt) Rio Madeira | |||||
| Tipo | río | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Inicio | |||||
| Continente | América do Sur | ||||
| País da cunca | Bolivia, Brasil e Perú | ||||
| División administrativa | Departamento de Pando, Bolivia, Rondonia, Brasil e Estado do Amazonas, Brasil | ||||
| Localización | Rio Mamoré (pt) | ||||
| Final | |||||
| Localización | Amazonas | ||||
| |||||
| Afluentes | Rio Abunã (pt) | ||||
| Conca hidrográfica | Bacía do río Amazonas | ||||
| Características | |||||
| Dimensións | 1.450 ( | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 1.420.000 km² | ||||
| Medicións | |||||
| Caudal | 31.200 m³/s | ||||
O río Madeira é o principal afluente sur do río Amazonas e o único da marxe dereita que lle achega augas da parte do hemisferio sur da cordilleira dos Andes. O sistema fluvial do Madeira—Mamoré—Grande, cunha lonxitude de 4207 km, faino un dos principais cursos de auga de Suramérica e está entre os vinte máis longos do mundo, así como tamén é un dos dez máis caudalosos do mundo.
A súa enorme cunca comprende parte do Brasil, Bolivia e o Perú e proporciónalle un caudal duns 32 000 m³/s. O río Madeira transcorre case integramente por territorio brasileiro, sendo nun pequeno tramo a fronteira internacional con Bolivia.
Fauna
[editar | editar a fonte]A fauna ictiolóxica do río Madeira é particularmente rica. Ademais, unha subespecie do golfiño Inia geoffrensis, o Inia geoffrensis boliviensis, habita no sistema do Madeira e está en perigo de extinción.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Madeira |
