Biosfera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biosfera da Terra.

Biosfera (do grego βíος "vida" e σφαῖρα "esfera") é a parte dun planeta ocupada polos seres vivos. Xeralmente a expresión refírese ao conxunto de todos os ecosistemas da Terra.

É un concepto da ecoloxía, relacionado cos conceptos de litosfera, hidrosfera e atmosfera. Inclúense na biosfera todos os organismos vivos que viven nun determinado planeta, aínda que o concepto sexa comummente ampliado para incluír tamén os seus hábitats, pasando a biosfera a ser tratada como un conxunto de ecosistemas, e englobando así toda a zona habitábel dun planeta.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.