Río Yangtzé
| Tipo | río | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Inicio | |||||
| Continente | Asia | ||||
| País da cunca | República Popular da China | ||||
| División administrativa | Qinghai, República Popular da China, Tíbet, República Popular da China, Yunnan, República Popular da China, Sichuan, República Popular da China, Chongqing, República Popular da China, Hubei, República Popular da China, Hunan, República Popular da China, Jiangxi, República Popular da China, Anhui, República Popular da China, Jiangsu, República Popular da China e Shanghai, República Popular da China | ||||
| Localización | Altiplano do Tíbet | ||||
| Final | |||||
| División administrativa | República Popular da China | ||||
| Localización | Shanghai | ||||
| Desembocadura | Mar da China Oriental | ||||
| |||||
| Composto por | |||||
| Afluentes | 34 | ||||
| Conca hidrográfica | conca do río Yangtzé | ||||
| Características | |||||
| Dimensións | 6.300 ( | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 1.808.500 km² | ||||
| Medicións | |||||
| Caudal | 31.900 m³/s | ||||

O Yangtzé (en chinés tradicional: 長江; en chinés simplificado: 长江; en pinyin: Cháng jiāng; lit. "río longo") é o río máis importante en lonxitude da China cun curso total de 6.300 km, que o converten o terceiro máis longo do mundo tras o Nilo e o Amazonas. É, así mesmo, o máis longo de Asia. Polo seu caudal medio é o cuarto río máis caudaloso da Terra, tras o Amazonas, o Congo e o Paraná-La Plata. Na súa conca, de case 1.800.000 km² de área, viven uns 350 millóns de habitantes,[1] o que supón case un terzo da poboación total do país.[2] É navegábel nunha lonxitude de 2.800 km desde a Shanghai, na desembocadura, até Panzhihua, situándose no medio importantes cidades como Nanjing, Wuhan ou Chongqing, as tres antigas capitais chinesas.
Nomes
[editar | editar a fonte]O seu nome oficial en chinés é Chang Jiang, que quere dicir simplemente «río longo». Adoita denominarse tamén Yangzi Jiang (en pinyin Yángzǐ Jiāng), que corresponde coa antiga transcrición Wade-Gilles Yang-tze-kiang; este nome alternativo é usado na zona do seu curso final e foi a primeira coñecida polos europeos, e ten sido traducido erradamente como Río Azul. En cantonés a súa denominación é Cheung Kong. En tibetano é coñecido como Dri Chu ou "Río da femia de iak" (dri designa o iak femia).
Xeografía
[editar | editar a fonte]

Curso alto
[editar | editar a fonte]O Yangtzé nace a 5.405 m de altitude, no glaciar Gangjiajubu[3], sito na cara sur do pico Geladandong (6.621 m), que forma parte do cordal Tanggula Shan, na provincia de Qinghai. Aquí é denominado río Tuotuo, comezando xa a recoller os primeiros tributarios por baixo dos 5.000 m de altura.

Moi encaixado, corre cara ao sur, delimitando a fronteira entre o Tíbet e a provincia chinesa de Sichuan, nun curso practicamente paralelo ao Mekong e ao Saluen. Aquí e denominado Jinsha (ou "río das areas douradas"). Nesta rexión atravesa as gargantas do Salto do Tigre, un canón de máis de 2.000 m de profundidade.
Curso medio
[editar | editar a fonte]Nas proximidades da cidade de Dongchuan, vira bruscamente para o norte, serpenteando polos montes Hengduanshuan en Yunnan. Logo vira de novo, esta vez para o leste, e recibe importantes afluentes como o Yalong, o Min e o Jialing, que o transforman nun xigantesco curso de auga lamacento, impetuoso e cargado de refugos e lixos, orixinados polos 120 millóns de habitantes e labregos da conca de Sichuan.
Atravesa a inmensa aglomeración de Chongqing, a cuxa altura se lle xunta o Jialing, unha das maiores cidades do interior da China, con máis de 5 millóns de habitantes, pero que é tamén un gran foco contaminador.
Xusto na altura desta metrópole, o Yangtzé atravesaba as Tres Gargantas, tres enormes canóns no curso medio, e onde se construíu o que constitúe un dos maiores encoros do planeta.[4][5] As Tres Gargantas forman un espectáculo extraordinario que atrae numerosos turistas, posibilitando o desenvolvemento da industria turística, baseada na navegación entre Chongqing e Yichang. As gargantas ofrecen unha atmosfera misteriosa, en especial cando a brétema e o orballo forman pinguiñas que envolven os cantís e as penedías rochosas que enmarcan o río. Na época das choivas estivais, o nivel das augas pode subir máis de 100 metros, tornando a navegación moi perigosa.
Curso baixo
[editar | editar a fonte]Pasado ese tramo, o Chang Jiang continúa o seu curso cara á costa, mais agora anchéase e móvese con maior vagar, atravesando varios grandes lagos como os de Poyang e de Dongtin. Neste sector era onde se comezaban a ver os golfiños de auga doce (Lipotes vexillifer), practicamente xa dados por extintos. Porén, aínda se poden ver esturións, cullereiros e os crocodilos da China (Alligator sinensis).
En achegándose á costa do Mar da China oriental o río serpentea a través dos seus «nove meandros con forma de intestino» antes de desaugar nun enorme delta, ocupado por terras agrícolas, lagos e estanques, numerosos illotes e millares de hectáreas de canaveirais. Na desembocadura érguese a cidade portuaria de Shanghai, a maior metrópole chinesa. Ademais, está a conformarse a conurbación do Delta do Yangtzé.
Explotación hidroeléctrica
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Encoro das Tres Gargantas
O encoro das Tres Gargantas, en Yichang (宜昌), Hubei, está sobre o Yangtzé. Levántase no límite da rexión montañosa do alto Yangtzé e a chaira do Yangtzé medio, onde agora está o encoro de Ghezouba, nun punto no que o río posúe un caudal de 14.300 mModelo:Exp/s. A potencia prevista para o ano 2009 é de 22.500 MW. A central debería producir, a partir de entón, arredor de 85 TWh de electricidade por ano, é dicir 85.000 millóns de kw/h.
O Encoro das Tres Gargantas foi proposto polo político chinés Sun Yat-sen en 1919. O sitio foi inspeccionado en 1932 e 1939 polos chineses e xaponeses, respectivamente. Os xaponeses deseñaron un plan (o plan Otani) para o encoro, para despois decatarse de que seguiría baixo control chinés. Máis tarde, en 1944, os Estados Unidos axudaron a planificar o encoro, pero todo traballo cesou en 1947 debido á Guerra Civil Chinesa. En 1949 reanudáronse os traballos de planificación, aínda que moi lentamente debido aos problemas económicos do país.
En 1980 os traballos de planificación ían a bo ritmo, pero en 1992 moita xente votou en contra do encoro. Porén, o goberno aprobou o proxecto, e o 14 de decembro de 1994 comezaron as obras. O encoro xa estaba a plena capacidade a finais de 2008.
Outro importante encoro, o de Xiluodu, está en curso de construción a 770 km río arriba, entre os distritos de Yongshan, provincia de Yunan, e de Leibo, provincia de Sichuan. A misión desta presa é aliviar a presión que o Yantzé exercerá sobre o encoro das Tres Gargantas. A inauguración da central completa está prevista para 2015, cunha potencia de 12.600 MW[6][7].
Hidrometría
[editar | editar a fonte]Caudais medios do Yantgsé (en m³/s) medidos na estación hidrométrica de Datong
(Datos calculados no período de 1923-86, 64 anos)

Afluentes
[editar | editar a fonte]O Yangtzé conta con máis de 700 tributarios, mais os principais son[8]:

- Pola dereita:
- Wujiang, con 1.018 km de percorrido.
- Lishui.
- Yuangjiang.
- Zijiang.
- Xiangjiang, ten 801 km de lonxitude.
- Gangjiang, cun percorrido de 760 km.
- Pola esquerda:
| Ramal | Nome do afluente | Chinés | Lonxitude (km) | Conca (km²) | Caudal (m³/s) | Desembocadura | Provincias que atravesa | |||||||
| Cabeceiras | - | D | Sistema Jinsha–Tongtian–Tuotuo[9] | 340.000 | Yangtsé | |||||||||
| - | - | Jinsha (Chang Jiang) | 长江 - 金沙江 | 2.308 | 340.000 | 31.900 | Yangtsé | |||||||
| - | - | - | Río Guan (Guan He ou Yokoe) | 横江 | 305 | 14.780 | Río Jisha | |||||||
| - | - | - | Río Niulan (ou Kraal) | 牛栏江 | 461 | 13.787 | Río Jisha | |||||||
| - | - | - | Río Pudu | 普渡河 | 294 | Río Jisha | ||||||||
| - | - | - | Río Yalong | 雅砻江 | 1.323 | 128.444 | Río Jisha | Yunnan | ||||||
| - | - | - | Río Xianshui | 鲜水河 | 680 | Río Yalong | Sichuan | |||||||
| - | - | - | Río Anning | 安寧河 | 320 | 11.000 | Río Yalong | |||||||
| - | - | - | Río Tongtian | 通天河 | 813 | 138.000 | Río Jisha | |||||||
| - | - | - | Río Qumar (o Qu Mar o Chumar) | 玛尔 | 527 | 20.800 | Río Tongtian | |||||||
| - | - | - | Río Tuotuo | 沱沱河 | 375 | Río Tongtian | ||||||||
| - | - | - | Río Danqu | 当 曲 | 352 | 30.220 | Río Tongtian | |||||||
| I | - | Río Min | 岷江 | 735 | 140.000 | Río Jisha | Sichuan | |||||||
| - | - | - | Río Dadu | 大渡河 | 1.155 | 92.000 | Río Min | |||||||
| - | - | - | Río Qingyi | 284 | 12.897 | Río Dadu | ||||||||
| Curso Superior | - | D | Río Nanguang | Yangtsé | ||||||||||
| - | D | Río Changning | Yangtsé | |||||||||||
| - | D | Río Yongning | Yangtsé | |||||||||||
| I | - | Río Tuo | 沱江 | 655 | 27 500 | Yangtsé (en Luzhou) | Sichuan | |||||||
| - | D | Río Chishui | 436 | 20.400 | 430 | Yangtsé | ||||||||
| - | D | Río Shangxi | Yangtsé | |||||||||||
| - | D | Río Qijiang | Yangtsé | |||||||||||
| I | - | Río Jialing | 嘉陵江 | 1.119 | 230.000 | Yangtsé | Chongqing | |||||||
| - | - | - | Río Fu | 涪江 | 700 | 36.400 | 572 | Río Jialing | ||||||
| - | - | - | Río Qu | 渠江 | 720 | 39.200 | 663 | Río Jialing | ||||||
| - | - | - | Río Bailong | 白龙江 | 576 | 31.800 | Río Jialing | Gansu Sichuan | ||||||
| - | - | - | Río Baishui | 白水 | Río Jialing | |||||||||
| - | D | Río Wu (xunto co Sancha e o Yachi) | 乌江 | 1.150 | 80.300 | Yangtsé | Guizhou Chongqing | |||||||
| I | - | Río Pengxi | Yangtsé | |||||||||||
| I | - | Río Tangxi | Yangtsé | |||||||||||
| I | - | Río Meixi | Yangtsé | |||||||||||
| I | - | Río Shennongxi | Yangtsé | |||||||||||
| I | - | Río Longmen Xia | Yangtsé | |||||||||||
| I | - | Río Shennongxi | Río Yangtsé | Hubei | ||||||||||
| I | - | Río Huangbo (ou Huangbai) | Yangtsé | |||||||||||
| I | - | Río Qingjiang | 沱江 | 423 | 16.700 | Yangtsé | ||||||||
| Curso Medio | - | D | Lago Dongting | 162.225 | Yangtsé | |||||||||
| - | - | - | Río Li (ou Lishui) | 澧水 | 388 | 18.500 | Lago Dongting | Hunan | ||||||
| - | - | - | Río Yuan (inclúe ao Qingshui) (ou Yuanjiang) | 沅江 | 1.033 | 89 163 | Lago Dongting | |||||||
| - | - | - | Río You (ou Youshui) | 酉水) | 477 | 18.350 | Río Yuan | |||||||
| - | - | - | Río Wu | 巫水 | 168 | Río Yuan | ||||||||
| - | - | - | Río Zi (Zijiang) | 资江 | 653 | 28.100 | Lago Dongting | |||||||
| - | - | - | Río Miluo | 汨罗江 | 400 | Lago Dongting | ||||||||
| - | - | - | Río Xiang | 湘江 | 856 | 96.400 | Lago Dongting | Guangxi Hunan | ||||||
| - | - | - | Río Xiao | 瀟水 | 354 | 12.099 | Río Xiang | |||||||
| - | - | - | Río Liuyang | 234 | 4.665 | Río Xiang | ||||||||
| - | - | - | Río Lian | 涟水 | 232 | 7.150 | Río Xiang | |||||||
| - | - | - | Río Mi | 洣水 | 296 | 10.305 | Río Xiang | |||||||
| - | - | - | Río Zheng | 蒸水 | Río Xiang | |||||||||
| - | - | - | Río Lei | 耒水 | 439 | 11.905 | Río Xiang | |||||||
| I | - | Río Dongjing | Río Yangtsé | |||||||||||
| I | - | Río Huangsi | Río Yangtsé | |||||||||||
| I | - | Río Han (Hànshǔi) | 汉江 - 汉水 | 1.532 | 176.000 | 1.200 | Río Yangtsé | Shaanxi Hubei | ||||||
| - | - | - | Río Dan | 丹江 | 443 | 16.810 | Río Han | Shaanxi | ||||||
| - | - | - | Río Tangbai | 唐白河 | 24.215 | Río Han | ||||||||
| I | - | Río Fushui | 富水 | 196 | Yangtsé | Hubei | ||||||||
| Curso inferior | - | D | Lago Poyang | Yangtsé | Jiangxi | |||||||||
| - | - | - | Río Xiushui | 357 | 14.793 | Lago Poyang | ||||||||
| - | - | - | Río Gan (ou Ganjiang) | 赣江 | 991 | 81.600 | Lago Poyang | Jiangxi | ||||||
| - | - | - | Río Heshui | Río Gan | ||||||||||
| - | - | - | Río Zhang | 章江 | 466 | Río Gan | ||||||||
| - | - | - | Río Gong | 貢水 | 278 | 26.589 | Río Gan | |||||||
| - | - | - | Río Meihe | 梅河 | Río Gong | |||||||||
| - | - | - | Río Xiang | 湘水 | Río Gong | |||||||||
| - | - | - | Río Xiu | 修水 | 357 | 14.793 | 483 | Lago Poyang | Jiangxi | |||||
| - | - | - | Río Fu (ou Fuhe) | 抚河 | 312 | 15.800 | 483 | Lago Poyang | Jiangxi | |||||
| - | - | - | Río Shun | 信江 | 360 | 17.600 | Lago Poyang | Jiangxi | ||||||
| - | - | - | Río Xinjiang | Lago Poyang | ||||||||||
| - | - | - | Río Raohe | 40 | 15.000 | Lago Poyang | ||||||||
| - | - | - | Río Changjiang | 267 | 7.036 | 181 | Río Raohe | |||||||
| - | - | - | Río Le'an | 279 | 8.456 | 489 | Río Raohe | |||||||
| I | - | Río Huai He-lagos Shaobohu-Gaoyou-Hongze | 1.100 | 174.000 | Yangtsé | |||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Today, the Yangtze region is home to more than 400 million people, or nearly one-third of China's population. Some of China's largest cities" Arquivado 2017-12-13 en Wayback Machine.. Consultado o 19 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Yangtze River". World Wildlife Fund. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2017.
Today, the Yangtze region is home to more than 400 million people, or nearly one-third of China's population.
- ↑ O xeólogo alemán D. Ortlam probou, en agosto de 1989, que o Chang Jian nacía nese glaciar
- ↑ "Three Gorges Dam, China: Image of the Day". NASA Earth Observatory. 8 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2009. Consultado o 3 de novembro de 2009.
- ↑ "Three Gorges Dam8". International Rivers. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2009. Consultado o 3 de agosto de 2009.
- ↑ A central hidroeléctrica de Xiluodu aliviará a presión sobre do encoro das Tres Gargantas, Le Quotidien du Peuple en ligne, 9 decembro 2007
- ↑ Construction of Xiluodu Hydropower Station Starts, China.org.cn, 27 décembre 2005 (en inglés)
- ↑ Debe lembrarse que o chinés jiang vale por "río"; é transcrito ás veces kiang mesmo no nome do río aquí descrito, Yangtzé-kiang, ao que se lle apón, tautoloxicamente, río.
- ↑ a cabeceira principal do Yangtsé, formada polo Jinsha, que continúa augas arriba chamándose río Tongtian (813 km) e cuxa fonte máis afastada é o río Tuotuo (375 km).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Yangtzé |
| A Galipedia ten un portal sobre: China |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carles, William Richard, "The Yangtse Chiang", The Geographical Journal, Vol. 12, No. 3 (Sep. 1898), pp. 225–240; Published by: Blackwell Publishing on behalf of The Royal Geographical Society (with the Institute of British Geographers)
- Danielson, Eric N. 2004. Nanjing and the Lower Yangzi, From Past to Present, The New Yangzi River Trilogy, Vol. II. Singapore: Times Editions/Marshall Cavendish. ISBN 981-232-598-0.
- Danielson, Eric N. 2005. The Three Gorges and The Upper Yangzi, From Past to Present, The New Yangzi River Trilogy, Vol. III. Singapore: Times Editions/Marshall Cavendish. ISBN 981-232-599-9.
- Grover, David H. 1992 American Merchant Ships on the Yangtze, 1920–1941. Wesport, Conn.: Praeger Publishers.
- Van Slyke, Lyman P. 1988. Yangtze: nature, history, and the river. A Portable Stanford Book. ISBN 0-201-08894-0
- Winchester, Simon. 1996. The River at the Center of the World: A Journey Up the Yangtze and Back in Chinese Time, Holt, Henry & Company, 1996, hardcover, ISBN 0-8050-3888-4; trade paperback, Owl Publishing, 1997, ISBN 0-8050-5508-8; trade paperback, St. Martins, 2004, 432 pages, ISBN 0-312-42337-3
- Plant, Cornell. Glimpses of the Yangze Gorges; illustrations by Ivon A. Donnelly. Kelly & Walsh, Limited, Shanghai, Hong Kong, Singapore, 1926.

