Río Colorado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 31°54′00″N 114°57′03″O / 31.90000, -114.95083

Río Colorado
Colorado River
Horseshoe Bend TC 27-09-2012 15-34-14.jpg
Meandro do río Colorado ao seu paso por Arizona.
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Flag of Mexico.svg México
Nacemento La Poudre Pass, Montañas Rochosas, Colorado, Estados Unidos de América Estados Unidos
Lonxitude 2.334 km[1]
Conca 637,137 km²
Caudal medio 637 m³/s[2]
Desembocadura Golfo de California, Baixa California e Sonora, Flag of Mexico.svg México
Colorado River basin map.png

O río Colorado (en inglés: Colorado River) é un dos principais ríos do suroeste dos Estados Unidos de América e o norte de México (o outro é o río Grande). Cos seus 2.334 km de lonxitude, a conca do río Colorado comprende unha vasta e árida área que abrangue cinco estados dos Estados Unidos (Colorado, Utah, Arizona, Nevada e California) e dous de México (Baixa California e Sonora).

Topografía[editar | editar a fonte]

Nace en La Poudre Pass, no medio das Montañas Rochosas. Flúe en dirección suroeste pola meseta de Colorado e atravesa o famoso Gran Canón ata que chega ao lago Mead, na fronteira entre os estados de Arizona e Nevada, onde torna cara o sur en dirección a México e desemboca no golfo de California.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kammerer, J.C. (1990). U.S. Geological Survey, ed. "Largest Rivers in the United States". Consultado o 31 de agosto de 2015. 
  2. Nowak, Kenneth C. (2012). Stochastic Streamflow Simulation at Interdecadal Time Scales and Implications to Water Resources Management in the Colorado River Basin (PDF). Center for Advanced Decision Support for Water and Environmental Systems. University of Colorado. p. 114. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]