Cordal Cantábrico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O interior da marca vermella comprende a cordal Cantábrico, no norte de España, a través de imaxe obtida por satélite.

O cordal Cantábrico ou cordilleira Cantábrica é un sistema montañoso do norte da Península Ibérica, paralelo ao mar Cantábrico. Ten unha lonxitude de 480 quilómetros dende a depresión vasca ata o Macizo Galaico. A cordal pasa polas comunidades autónomas do País Vasco, Cantabria, Asturias e Castela e León. Os seus cumios superan os 2.000 metros en Asturias, o norte das provincias de León e Palencia e a zona oriental de Cantabria. Debido ao efecto Föehn prodúcense abondosas precipitacións na vertente norte cantábrica (de ata 2.000 mm anuais) e cando os ventos descenden cara a vertente meridional estes ventos xa se presentan secos, o cal ocasiona un clima máis árido.

Os materiais que forman o cordal Cantábrico son antigos, calcarias sobre todo que resultaron fortemente pregados durante o proceso alpino. Gran cantidade de ríos nacen nos montes do cordal, coma o Navia, Narcea e Nalón, entre outros.

Divídese entre o Macizo Asturiano, a Montaña Cántabra, onde están os Picos de Europa, e os Montes Vascos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]