Hidrografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Táboa de xeografía, hidrografía e navegación

A hidrografía é unha parte da xeografía física que clasifica e estuda as masas de auga do planeta.

Razóns do estudo da hidrografía[editar | editar a fonte]

A agua é fundamental para a supervivencia do planeta, a evolución dos seres vivos sempre foi dependente da agua. Foi nela onde que xurdiron as primeiras formas de vida, e, nun proceso de evolución crecente, a partir dela orixináronse as formas terrestres, as cales soamente conseguiron sobrevivir despois de que puideron desenvolver mecanismos fisiolóxicos que lles permitiron colectar a auga do medio ambiente e retela nos seus propios organismos. A agua é o elemento mais crítico e importante para a vida humana, pois comprende do 60 ao 70% do noso peso corporal, regula a nosa temperatura interna e é esencial para todas as funcións orgánicas.

O obxecto de estudo da hidrografía son as correntes de auga da Terra, abrangue por tanto océanos, mares, glaciares, auga do subsolo, lagos, auga da atmosfera e ríos. A maior parte da agua está concentrada en océanos e mares – 1.380.000.000 km³ –, correspondendo ó 97,3% da reserva hídrica do mundo. As augas continentais posúen un volume total de 38.000.000 km³, valor que representa o 2,7% da auga do planeta.

Hidrografía do mundo[editar | editar a fonte]

As maiores bacías hidrográficas[editar | editar a fonte]

As maiores bacias hidrográficas do mundo son as seguintes (indícase nome, localización e área en km²):

  • Bacía Amazónica, Brasil, 7.050.000
  • Bacía do Congo, Zaire, 3.690.000
  • Bacía do Mississippi, EUA, 3.328.000
  • Bacía do Rio da Prata, Brasil-Paraguai-Uruguai-Arxentina, 3.140.000
  • Bacía do Obi, Federación Rusa, 2.975.000
  • Bacía do Nilo, Exipto, 2.867.000
  • Bacía do Ienissei, Federación Rusa, 2.580.000
  • Bacía do Níxer, Nixeria, 2.092.000
  • Bacía de Amur, Federación Rusa, 1.855.000
  • Bacía do Río Amarelo, China, 1.807.199

Os maiores océanos e mares[editar | editar a fonte]

Os maiores océanos e mares do mundo son os seguintes (indícase nome, área en km² e profundidade máxima en m):

Os maiores ríos[editar | editar a fonte]

A seguir, os maiores ríos do mundo (indícase nome, localización, extensión en km e foz):

  • Amazonas, Brasil, 6.868, Océano Atlántico
  • Nilo, Exipto, 6.671, Mar Mediterráneo
  • Río Xi-Jiang, China, 5.800, Mar da China
  • Río Mississippi, EUA, 5.620, Golfo do México
  • Río Obi, Federación Rusa, 5.410, Golfo de Obi
  • Ártico Huang Ho, China, 4.845, Mar Amarelo
  • Río da Prata, Arxentina, 4.700, Océano Atlántico
  • Mekong, China, 4.500, Mar da China
  • Río Amur, Federación Rusa, 4.416, Estreito da Tartaria
  • Río Lená, Federación Rusa, 4.400, Mar de Laptev/Ártico

(Fonte: Atlante Xeográfico di Agostini)

Os maiores lagos[editar | editar a fonte]

A continuación aparecen os maiores lagos do mundo (indícase nome, localización, área en km² e profundidade máxima en m):

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Hidrografía