Río Amarelo
Río Amarelo | |
---|---|
O río Amarelo cruzando Lanzhou. | |
País | China |
Rexión | Mongolia Interior e Ningxia (Provincias de Gansu, Henan, Qinghai, Shandong, Shanxi e Shaanxi) |
Nacemento | montañas Bayan Har(Qinghai) |
Lonxitude | 4.845 km |
Caudal medio | 2.571 m³/s |
Desembocadura | Mar de Bohai |
Localización do río Amarelo | |
O Río Amarelo, tamén coñecido coma Huang He, é o segundo río máis longo da China, só superado polo río Yangtzé, e o sexto da Terra. Mide 5.464 km, e ocupa unha conca de 752.000 km².[1]
É de grande importancia para a economía chinesa pois o seu val ten terras fértiles, bos pastos e importantes xacementos minerais.
Foi nese río onde a civilización chinesa comezou. O nome Río Amarelo foi dado por causa do luor amarelo que lle dá.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A primeira literatura chinesa refírese ao río Amarelo simplemente como 河 (en chinés antigo: *C.gˤaj[2]), unha personaxe que chegou a significar simplemente «río» no uso moderno. A primeira aparición do nome 黄河 (en chinés antigo: *N-kʷˤaŋ C.gˤaj; chinés medio: Hwang Ha[2]) atópase no Libro de Han escrito durante a dinastía Han Occidental (206 a. C. - 9 d. C.). O adexectivo "amarelo" describe a cor perenne da auga turbia no curso inferior do río, que é debido ao loess que leva augas abaixo. Outra historia conta que o dragón K'au-fu intentou atravesar o ceo montado nun dos dez soles, ao mediodía o dragón caeu no primeiro río que viu e bebeu ata a última pinga, quedando só un longo leito de barro amarelo.
Un dos nomes máis antigos en mongol era o de río Negro,[3] xa que corre claro antes da súa entrada na meseta de Loes, mais o nome actual do río entre os habitantes de Mongolia Interior é Ȟatan Gol (Хатан гол}}, "río Raíña").[4] En Mongolia, chámaselle simplemente Šar Mörön (Шар мөрөн, "río Amarelo").
En Qinghai, o nome tibetano do río é «río do Pavo Real» ((en tibetano); (en chinés)).
Historia
[editar | editar a fonte]Inicio da Civilización Chinesa
[editar | editar a fonte]Os primeiros chineses probábelmente emigraron do sur, do val do Río Mekong para o norte, establecéndose nas terras fértiles das proximidades do Río Amarelo. Nesta terra irrigada, os antigos chineses cultivaron paínzo, hortalizas e froitas nativas, sobre todo ao longo dos cursos alto e medio do río. No sector baixo do Río Amarelo, cultivábase arroz. Durante o terceiro milenio antes de Cristo, o excedente de produción favoreceu o establecemento de vilas permanentes, como Banpo e Erlitou, e logo a mediados daquel milenio había case que un continuo poboamento ao longo do río, asentando as bases da civilización.
Tempos antigos
[editar | editar a fonte]Algúns mapas históricos do período das Primaveras e Outonos[5] e da dinastía Qin[6] reflicten que o río Amarelo nesas épocas discorría considerablemente ao norte do seu curso actual. Eses mapas mostran que despois de que o río superase a cidade de Luoyang, fluía ao longo da fronteira entre as actuais provincias de Shanxi e Henan, e logo continuaba pola fronteira entre as de Hebei e Shandong, para desembocar finalmente na baía de Bohai, preto da actual Tianjin. Outra desembocadura do río seguía esencialmente o curso actual.[7]
O río deixou eses cursos no ano 602 a. C.[5] e cambiou completamente ao sur da península de Shandong.[7] A sabotaxe de diques, canles e encoros, e as inundacións deliberadas provocadas polos estados rivais, convertéronse nunha táctica militar habitual durante o período dos Reinos combatentes.[8] Hai acreditadas unha grande inundación no ano 11 a. C. —á que se lle atribúe a caída da dinastía Xin, de curta duración— e outra no ano 70 d. C., cando o río volveu ao norte de Shandong, en esencia, ao curso actual.
Idade Media
[editar | editar a fonte]En 923, Tuan Ning, un xeneral Liang desesperado, volveu romper os diques, inundando uns 2600 km² de terras nun intento fracasado de protexer a capital Liang da dinastía Tang tardía. Unha proposta semellante do enxeñeiro Song Li Chun para inundar as partes baixas do río e protexer así as chairas centrais dos Khitai foi revogada en 1020: o Tratado de Shanyuan entre os dous estados prohibira expresamente aos Song establecer novos fosos ou cambiar o curso do río.[9]
As rupturas producíronse a pesar de todo: unha en 1034, en Henglong, dividiu o curso en tres e inundou repetidamente as rexións do norte de Dezhou e de Bozhou (Song).[9] Os Song traballaron inutilmente —con máis de 35 000 empregados, 100 000 recrutas e 220 000 toneladas de madeira e bambú nun só ano[9]— durante cinco anos intentando restablecer o curso anterior antes de abandonar o proxecto en 1041. O río, entón máis lento, causou unha fenda en Shanghu que ocasionou que a saída principal fose cara ao norte cara a Tianjin en 1048[7] e que en 1194 bloquease a desembocadura do río Huai.[10] A acumulación de depósitos de limo foi tal que mesmo despois de que o río Amarelo cambiase máis adiante o seu curso, o Huai xa non foi capaz de fluír ao longo do seu único leito histórico.
Produción hidroeléctrica
[editar | editar a fonte]Na actualidade existen 16 centrais hidroeléctricas ao longo do río Amarelo, ordenadas a continuación segundo o ano no que comezaron a funcionar.
- Presa de Sanmenxia (1960), de 106 m de altura.
- Central hidroeléctrica de Sanshenggong (1966).
- Central hidroeléctrica da garganta de Qingtong (1968) (Qingtongxia City, Ningxia).
- Presa de Liujiaxia (1974) (condado de Yongjing, Gansu).
- Presa de Yanguoxia (1975) (condado de Yongjing, Gansu).
- Central hidroeléctrica de Tianqiao (1977).
- Presa de Bapanxia (1980) (Distrito de Xigu, Gansu).
- Presa de Longyangxia (1992) (condado de Gonghe, Qinghai), cunha altura de 178 m.
- Presa de Lijiaxia (1997) (condado de Jainca, Qinghai), cunha altura de 165 m.
- Central hidroeléctrica da garganta de Da (1998);
- Central hidroeléctrica da garganta de Li (1999);
- Presa de Wanjiazhai (1999);
- Presa de Xiaolangdi (2001) (Jiyuan, Henan), de 154 m de altura.
- Presa de Gonboxia (2006), (condado de Longhua, Qinghai), cunha altura de 132 m.
- Presa de Laxiwa (2010) (condado de Guide, Qinghai), cunha altura de 250 m.
- Presa de Jishixia (2010), (condado de Longhua, Qinghai), cunha altura de 101 m.
Segundo se informou no ano 2000, as sete maiores centrais (Longyangxia, Lijiaxia, Liujiaxia, Yanguoxia, Bapanxia, Daxia e Qinglongxia) xa tiñan en funcionamento unha capacidade instalada total de 5.618 MW[11].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Yellow River (Huang He) Delta, China, Asia. Geol.lsu.edu (2000-02-28). Retrieved on 2013-02-04.
- ↑ 2,0 2,1 Baxter, Wm. H. & Sagart, Laurent. Baxter–Sagart Old Chinese Reconstruction, p. 41. 2011. Consultado o 11 de outubro de 2011.
- ↑ Parker, Edward H. China: Her History, Diplomacy, and Commerce, from the Earliest Times to the Present Day, p. 11. Dutton (Nova York), 1917.
- ↑ Geonames.de Arquivado 16 de xullo de 2016 en Wayback Machine.. "geonames.de: Huang He Arquivado 05 de marzo de 2018 en Wayback Machine.".
- ↑ 5,0 5,1 Gernet, Jacques. Le monde chinois, p. 59. Map "4. Major states of the Chunqiu period (Spring and Autumn)". (en francés)
English version: - ↑ Véxase por exemplo en: «Qin Dynasty Map» Arquivado 05 de xaneiro de 2015 en Archive.is.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Tregear, T.R. A Geography of China, p. 218. 1965.
- ↑ Allaby, Michael & Garrat, Richard. Facts on File Dangerous Weather Series: Floods, p. 142. Infobase Pub., 2003. ISBN 0-8160-5282-4. Consultado o 15 de outubro de 2011.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Elvin, Mark & Liu Cuirong (eds.) Studies in Environment and History: Sediments of Time: Environment and Society in Chinese History, pp. 554 ff. Cambridge Uni. Press, 1998. ISBN 0-521-56381-X. Consultado o 15-10-2011.
- ↑ Grousset, Rene. The Rise and Splendour of the Chinese Empire, p. 303. University of California Press, 1959.
- ↑ Yellow River Upstream Important to West-East Power Transmission (en inglés) Arquivado 12 de maio de 2013 en Wayback Machine. People's Daily, 14 decembro de 2000
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Amarelo |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |