Santiso de Abres
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Asturias | ||||
| Provincia | provincia de Asturias | ||||
| Capital | O Chao | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 396 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 31,1 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | María Goretti Quintana Rey | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 33774 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 33063 | ||||
Santiso de Abres[1] (oficialmente San Tiso d'Abres) é un concello da Comunidade autónoma do Principado de Asturias. O xentilicio é «santiseiro».[2][3]
O municipio limita polo norte, o sur e polo oeste coa provincia de Lugo (concellos de Trabada na zona norte e da Pontenova na zona sur) e polo leste con Taramundi e A Veiga, ambos do Principado. É o concello máis occidental do Principado.
Ten unha extensión de 31,51 km² e 590 habitantes (2006), densidade 18,72 hab./km². Atravésao de oeste a leste o río Eo. A súa maior altitude é o Pico Xunqueira de 664 metros.
Demografía
[editar | editar a fonte]| Variación demográfica do concello entre 1991 e 2020 | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| 2020 | 2006 | 2004 | 2001 | 1996 | 1991 |
| 421 | 590 | 612 | 624 | 675 | 746 |
Parroquia
[editar | editar a fonte]A única parroquia de Santiso de Abres é San Salvador, que conta cos seguintes nomes:
Lugares
[editar | editar a fonte]A parroquia de Santiso de Abres está composta polos seguintes lugares:
| Entidade de poboación | Lugar | Nome proposto en ortografía RAG[1][5] | Nome en galego asturiano (ALLA) (oficial)[4] | Nome en castelán[4] |
|---|---|---|---|---|
| A Antigua | A Antigua | A Antigua | La Antigua | |
| Cabo da Aldea | O Cabo da Aldea | |||
| O Campo | O Campo | |||
| Carracido | Carracido | Carracido | ||
| Lugar de Baixo | ||||
| A Casa Lousada | ||||
| A Casa da Toucida | ||||
| O Coto | O Coto | O Coto | ||
| O Coto de Baixo | ||||
| O Coto de Riba | ||||
| Porta de Ares | A Porta d'Ares | |||
| A Ribeira | ||||
| Río Trabada | O Riotrabada | |||
| O San Miguel | ||||
| A Carretera | A Carretera | A Carretera | La Carretera | |
| A Casa Marqués | ||||
| O Empalme | ||||
| O Randeo | ||||
| O San Sidro (da Carretera) | ||||
| O Castro | O Castro | O Castro | Los Castros | |
| O Castro de Baixo | ||||
| O Castro de Riba | ||||
| Eilale | Eilale | Eilale | Eilale | |
| Eilale de Riba | ||||
| Espasande | Espasande | Espasande | ||
| A Aldea de Baixo (d'Espasande) | ||||
| A Aldea de Riba (d'Espasande) | ||||
| A Casa de Sidro | ||||
| A Casa do Cabo | ||||
| O Ceán | ||||
| Foxas | Foxas/ As Foxas | Foxas | Fojas | |
| A Pena da Cabra | ||||
| Goxe | Goxe | Goxe | Goje | |
| A Aldea de Baixo (de Goxe) | ||||
| A Aldea de Riba (de Goxe) | ||||
| A Casa do Barrodelo | ||||
| A Grandela | A Grandela | A Grandela | Grandela | |
| O Chao | O Chao | O Chao | El Llano | |
| Amaído | ||||
| O Barreiro | ||||
| A Brea | A Brea | |||
| As Conchadas | ||||
| A Granda | A Granda | |||
| As Menciñas | ||||
| A Nogueira | ||||
| O Pacio | ||||
| O Paxarelo | ||||
| O Piñeiro | ||||
| Regada | ||||
| A Riademuiños | ||||
| Robaín | Robaín | |||
| San Bras | ||||
| O San Juan | ||||
| A Tapia | ||||
| A Torre | A Torre | |||
| Lombal | Lombal/ O Lombal | Lombal | Lombal | |
| O Bustelo | ||||
| O Louredal | Louredal/ O Louredal | O Louredal | Louredal | |
| O Voudinso | ||||
| Lourido | Lourido | Lourido | Lourido | |
| O Barrio de Riba | O Barrio de Riba | |||
| A Casa de Corveiras | ||||
| O Chantadoiro | ||||
| A Rúa | ||||
| Matela | Matela/ A Matela | Matela | Matela | |
| A Mourela | Mourela/ A Mourela | A Mourela | Mourela | |
| Naraío | Naraío | Naraído | Naraido | |
| A Casa do Rego | ||||
| As Casas de Baixo | ||||
| A Porqueira | ||||
| Prado | Prado/ O Prado | Prado | Prado | |
| Prado de Baixo | Prado de Baixo | |||
| A Sela | A Sela | |||
| Prado de Riba | Prado de Riba | |||
| Prado do Medio | Prado do Medio | |||
| Salcido | Salcido | Salcido | Salcido | |
| A Bustarga | As Cabeceiras | |||
| A Bustarga | ||||
| O Boutarón | ||||
| A Casanova | ||||
| O Castro | ||||
| O Chao da Señora | ||||
| A Ermida (de Salcido) | ||||
| A Fonte da Moura | ||||
| A Fonte Seca | ||||
| A Lameira | ||||
| A Louseira | ||||
| A Mariña (de Salcido) | ||||
| A Pumarega | ||||
| O Regatelo | ||||
| A Rúa | ||||
| O San Silvestre | ||||
| Sueiro | Sueiro | |||
| O Tarangoz | ||||
| O Torgaedo | ||||
| A Vitouriña | ||||
| San Andrés | San Andrés | San Andrés | San Andrés | |
| A Airavella | ||||
| A Aldea | ||||
| A Capilla | A Capilla | |||
| O Loureiro | ||||
| Candaedo | Candaído | |||
| A Ermida (de San Andrés) | ||||
| A Fontegrande | ||||
| A Mariña (de San Andrés) | ||||
| A Negra | ||||
| A Pallaza | ||||
| Sobre da Veiga | Sobre da Veiga | Sobredaveiga | Sobrelavega | |
| Solmaior | Solmaior | Solmayor | Solmayor | |
| A Aldea de Baixo (de Solmayor) | ||||
| O Curullo | ||||
| O Pedrón | ||||
| Tras da Corda | Tras da Corda | Trasdacorda | Trasdacorda | |
| Casavella | A Casa Vella | |||
| Tras da Corda de Abaixo | Trasdacorda de Baixo | |||
| Tras da Corda de Riba | Trasdacorda de Riba | |||
| Trasdacorda do Medio | ||||
| Valiñaseca | Valiñaseca/ A Valiñaseca | Valiñaseca | Valiñaseca | |
| A Casa de Baldomero | ||||
| A Casa do Cayoco | ||||
| As Veigas | As Veigas | As Veigas | Vegas | |
| As Veigas de Baixo | As Veigas de Baixo | |||
| As Veigas de Riba | As Veigas de Riba | As Veigas de Riba | ||
| Anguieiro | Anguieiro | |||
| O Cabo | ||||
| Cas Tiófilo | ||||
| Cas Valledares | ||||
| O Lugar | ||||
| Os Muíños | ||||
| O Salgueiro | ||||
| O Túnel | ||||
| A Vía | ||||
| Vilar | Vilar/ O Vilar | Vilar | Vilar | |
| Vilelas | Vilelas | Vilelas | Vilelas | |
| O San Sidro (de Vilelas) | ||||
| Vilela de Baixo | Vilela de Baixo | |||
| Vilela de Riba | Vilela de Riba |
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros vestixios históricos atopados no concello, pertencen ó paleolítico, corresponden a necrópole tumularia do Couzogordo e na Xunqueira no linde co veciño concello de Taramundi. É a única zona de toda a comarca onde se atopáronse restos tan antigos.
A presenza romana na zona deixase sentir por mediación das explotacións mineiras de ferro e as auríferas. Así e todo o achado máis importante da época romana é a presenza de tres asentamentos da cultura castrexa no concello: Croas de Castro, orientado a labores agrícolas. Croas de Eilale, relacionado coas explotacións mineiras de Salgueiro, e o Castro de Salcido, dedicado a labores extractivas e de transformación, que conta cunha pequena escada de lousa que da acceso a unha acrópole e un recinto amurallado de máis de tres metros de grosor.
Santiso forma parte da doazón efectuada por Afonso VII á igrexa de Oviedo, pero en 1172 o mosteiro de Meira, situado en Galicia, consegue a metade do territorio para deixalo en mans de 50 repoboadores ó fundar Goxe e Naraído en 1232. Aproveitando as boas condicións das veigas do concello, o mosteiro instalou tres granxas no Chao, A Pumarega e A Brea. En 1537 o conde de Altamira, Don Lope Moscoso, comprou o coto por 672.000 marabedís, aínda que non se incluíu a parte do mosteiro de Meira.
En 1579 Filipe II necesitado de ingresos para paliar os gastos ocasionados polas guerras, obtén, coa bendición do Papa Bieito, o privilexio de vender ou incorporar a coroa os señoríos eclesiásticos, e entre eles este territorio, o que aproveitarían os veciños de Santiso de Abres para adquirilo, expedíndose título de vila e cédula de xurisdición. En Santiso os veciños exerceron a súa xurisdición nomeando xuíces e rexedores, porén, a xurisdición quedou compartida co mosteiro de Meira e co conde de Altamira, algo que apreciábase nas percepcións do décimo. Santiso obtén representación na Xunta Xeral do Principado a través do partido da bispalía, cedendo todo o protagonismo a Castropol, que exercía de cabeza do mesmo.

No século XIX, ve como se implanta a industria no concello coa posta en marcha dun tear que dá traballo a varios vendedores ambulantes. Nos tramos finais do século a emigración a ultramar pon en perigo a estrutura demográfica no territorio, sendo a construción do ferrocarril mineiro a comezo do século XX[6] (posta en marcha, 1903, para uso de pasaxeiros, 1905) o efecto amortecedor da mesma.
A principios do século XX proxéctase na capital a instalación dunha industria óptica, finalmente rexeitada por culpa da guerra civil española. Durante os últimos tempos novamente comezan a aparecer movementos migratorios, aínda que esta vez cara ao centro da rexión e Europa, que fan descender perigosamente a poboación, modificando a estrutura social do concello.
Lingua
[editar | editar a fonte]En Santiso de Abres do mesmo xeito que no resto de Asturias, a única lingua oficial é o español ou castelán[7]. Con todo, a lingua tradicional de Santiso de Abres é o galego central[8] , que é o mesmo tipo de galego que se fala nos concellos veciños da Pontenova e toda a zona de Meira. O galego falado neste concello non é da variedade eonaviega como na maioría dos concellos das terras de Eo-Navia[9].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A Pena do Encanto é un salto de auga situado no concello, preto do núcleo de poboación de Salcido. A partir de alí hai unha ruta a pé sinalizada (que se desdobra para poder ir a Trabada) e que, en pouco máis de 1 km leva ó salto de auga, a través de camiños sen gran dificultade.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Repertorio toponímico e xentilícico da Terra Eo-Navia Arquivado 20 de agosto de 2021 en Wayback Machine. de Carlos Aenlle
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 34. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Carlos Xesús Varela Aenlle (2021): Dicionario do Galego de Asturias. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-897-2
- 1 2 3 4 "Decreto 2/2018, do 10 de xaneiro, polo que se determinan os topónimos oficiais do concello de Santiso de Abres." (PDF). Boletín Oficial do Principado de Asturias (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xaneiro de 2021. Consultado o 1 de maio de 2021.
- ↑ http://www.ciberirmandade.org/abertal/component/option,com_docman/task,doc_view/gid,16/Itemid,41/ [Ligazón morta]
- ↑ Gómez Martínez, J. A.: La Sociedad Minera de Villaodriz y el Ferrocarril de Puente Nuevo a Ribadeo
- ↑ Muñiz, R. (26 de decembro de 2012). "Fomento rechaza la toponimia asturiana porque «el castellano es el único idioma oficial»". el comercio.es (en castelán). Consultado o 4 de setembro de 2018.
- ↑ F.Fernandez Rei, Dialectoloxía da lingua galega, Galaxia, 2003
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xuño de 2013. Consultado o 16 de xullo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web do Concello
- Federación Asturiana de Concejos Arquivado 08 de setembro de 2005 en Wayback Machine.
- Vivirasturias
- Guía del Occidente. San Tirso de Abres Arquivado 10 de decembro de 2005 en Wayback Machine.
| Lugares da parroquia de Santiso de Abres no concello de Santiso de Abres (Asturias) | |
|---|---|
|
A Antigua | A Carretera | O Castro | O Chao | Eilale | Espasande | Foxas | Goxe | A Grandela | Lombal | O Louredal | Lourido | Matela | A Mourela | Naraío | Prado | Salcido | San Andrés | Sobre da Veiga | Solmaior | Tras da Corda | Valiñaseca | As Veigas | Vilar | Vilelas |
| Asturias | Parroquias de Santiso de Abres | |
|---|---|
| Santiso de Abres (San Salvador) |

