Viana do Castelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°42′00″N 8°50′00″W / 41.70000°N 8.83333°W / 41.70000; -8.83333

Viana do Castelo.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Viana do Castelo

Viana do Castelo é un concello portuguesa, capital do Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Miño-Lima.

O concello ten 314,36 km² de área e preto de 46.750 habitantes no seu núcleo urbano e 83.000 en todo o municipio, subdividido en 40 parroquias. O concello limita ao norte con Caminha, ao sur con Barcelos, ao leste con Ponte de Lima e Esposende, e ao oeste co océano Atlántico.

As orixes do poboamento remóntanse a antes da era cristiá, existindo ruínas dun castro ou citania no outeiro de Santa Luzia. Recibiu o seu primeiro foro de mans de Afonso III de Portugal en 1258, e o nome de Viana da Foz do Lima en razón da súa localización xeográfica; en 1848 foi elevada a cidade por decreto de María II de Portugal, tendo visto entón a súa designación alterada para Viana do Castelo.

As freguesías de Viana do Castelo son: Afife, Alvarães, Amonde, Anha, Areosa, Barroselas, Cardielos, Carreço, Carvoeiro, Castelo do Neiva, Chafé, Darque, Deão, Deocriste, Freixieiro de Soutelo, Lanheses, Mazarefes, Meadela, Meixedo, Monserrate, Montaria, Moreira de Geraz do Lima, Mujães, Neiva, Nogueira, Outeiro, Perre, Portela Susã, Santa Marta de Portuzelo, (anteriormente Portuzelo), Santa Leocádia de Geraz do Lima, Santa Maria de Geraz do Lima, Santa Maria Maior, Serreleis, Subportela, Torre, Vila de Punhe, Vila Franca, Vila Fria, Vila Mou e Vilar de Murteda.


Concellos do Distrito de Viana do Castelo Mapa do distrito de Viana do Castelo
Arcos de Valdevez Caminha Melgaço Monção Paredes de Coura Ponte da Barca Ponte de Lima Valença Viana do Castelo Vila Nova de Cerveira
Arcos de
Valdevez
Caminha Melgaço Monção Paredes
de Coura
Ponte
da Barca
Ponte
de Lima
Valença Viana do
Castelo
Vila Nova
de Cerveira