Río Escalda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escalda
Schelde Antwerpen.jpg
O Escalda ao seu paso por Antuerpen
País Flag of France.svg Francia
Países Baixos Países Baixos
Bélxica Bélxica
Lonxitude 350
Conca 21.860
Caudal medio 102 - 120
Desembocadura Mar do Norte

O río Escalda (en neerlandés Schelde, en francés Escaut, en alemán Schelde, en inglés Scheldt) é un río que nace en Francia, atravesa Bélxica e desemboca no mar do Norte, en territorio dos Países Baixos.

O río desempeñou un papel determinante no desenvolvemento político e económico da zona, no que hoxe é Flandres, Brabante e Hainaut.

Orixínase en Gouy, no departamento de Aisne, no norte de Francia. Diríxese cara ao noroeste e pasa polas cidades de Cambrai e Valenciennes; máis abaixo atravesa a fronteira con Bélxica e baña as cidades de Tournai e Gante. En Gante úneselle o río Lys, o seu principal afluente pola esquerda. Desde aquí diríxese cara ao leste. Preto de Antuerpen, a maior das cidades no seu curso, o Escalda diríxese cara ao oeste, penetra nos Países Baixos e finalmente desemboca no mar do Norte. Ten unha lonxitude de 355 km.

A súa desembocadura mariña ábrese nun amplo estuario de varios quilómetros de anchura, onde os seus depósitos sedimentarios deron orixe a unha riqueza ecolóxica pouco común.

O Escalda, polo seu escaso desnivel, é un río lento, de pouca potencia de fluxo. Por iso as mareas fanse sentir ata unha distancia de 160 km desde a súa desembocadura no mar. Son moi importantes os diques realizados en Zelandia (Países Baixos) para protexer as terras das inundacións das mareas e dos temporais.

Ao longo do seu curso e o dos seus principais afluentes construíronse uns 250 diques e esclusas, entre os que podemos citar a Scarpe, a Lys e a Sensée.

O río Escalda é navegable desde a cidade francesa de Cambrai e constitúe unha importante vía de navegación, sendo o porto de Antuerpen o segundo en importancia de Europa. Varias canles, incluído o canle Alberto, conectan o Escalda coas concas dos ríos Rin, Mosa e Sena, e coas áreas industriais de Bruxelas, Liège, Lille e Mons.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Escalda

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.