Arturo Franco Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arturo Franco Taboada
Arturo Franco Taboada.jpg
Arturo Franco Taboada
Nacemento1945
 A Coruña, Galicia, España
PremiosPremio COAG
editar datos en Wikidata ]

Arturo Franco Taboada, nado na Coruña en 1945,[1] é un arquitecto galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo o título de arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e doutorouse cum laude pola Universidade de Santiago de Compostela coa súa tese "La Evolución de los Espacios públicos europeos".

Premios[editar | editar a fonte]

Como arquitecto gañou o Premio Internacional Puente de Alcántara pola súa obra do Centro de Control de Túneles de Pedrafita do Cebreiro e o X Premio COAG de Arquitectura[2] en 2002. Tamén conseguiu o primeiro premio do concurso do Concello da Coruña pola obra da Casa Museo de María Pita e unha mención honorífica do VI Premio Julio Galán Carvajal de 2003 pola obra Refuxio en Redes.[3] Foi finalista nos premios Aplus de arquitectura polo edificio para as novas oficinas do Ministerio de Fomento da Coruña.[4][5]

Práctica docente[editar | editar a fonte]

É profesor titular da Universidade da Coruña e ten impartido cursos e dado conferencias noutras universidades internacionais (Universidade Luterana de Brasil, Pontificia Universidade Católica Madre y Maestra, Bremen,[6] Hamburgo ou Kiel[7]).

Publicacións[editar | editar a fonte]

En 1993 foi un dos cinco finalistas do Premio Planeta coa súa primeira novela, El Legado del Obispo Nigromante.[8] É autor ademais de Los Orígenes de Compostela e La Catedral del Fin del Mundo, publicados na Editorial Antilia SL.

Tamén é autor de títulos como Voces de la ciudad[9] (Ediciós do Castro) e Fragmentos renacentistas - Teatro Urbano. Dos ensayos gráficos[10] (Universidade da Coruña).

Escribiu numerosos artigos para revistas especializadas, prensa e relatos, entre os que destaca "Kemal Bazin, el peregrino" e "Allá en el noroeste…".[11] Fixo colaboracións en ABC[12] e diversos periódicos españois.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pousa, Luís (23 de novembro de 2008). "A. Franco Taboada". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 10 de febreiro de 2016. 
  2. X Premio COAG de Arquitectura www.coag.es.
  3. VI Premio Julio Galán Carvajal[Ligazón morta] www.lavozdegalicia.es.
  4. Premios Aplus 2011 de Arquitectura www.scalae.net.
  5. Finalistas Premios A+ 2011 www.viaconbstruccion.com.
  6. Antecedentes, principales tendencias y proyectos de la arquitectura española contemporánea (Bremen)
  7. Conferencia Arturo Franco en Kiel[Ligazón morta] www.cronicasdelaemigracion.com.
  8. Finalista Premio Planeta www.lavozdegalicia.es.
  9. Voces de la Ciudad www.google.es.
  10. Fragmentos Renacentistas www.google.es.
  11. "Allá en el noroeste..." www.gbv.de.
  12. ABC celebra con España y los españoles su número 35.000 www.abc.es.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]