Saltar ao contido

O Pino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaO Pino
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°54′17″N 8°21′44″O / 42.9047, -8.3622
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalO Pedrouzo Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación4.553 (2023) Editar o valor en Wikidata (34,23 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie133 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude287 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataManuel Taboada Vigo Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais no Pino Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15821 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15066 Editar o valor en Wikidata

Páxina webconcellodeopino.com Editar o valor en Wikidata

O Pino é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Limita ao norte con Frades e Oroso, ao sur con Touro e Boqueixón, ao leste con Arzúa e ao oeste con Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2019 tiña 4.641 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situación

[editar | editar a fonte]

Ten unha extensión de 132,3 km², e abrangue 13 parroquias. O Pedrouzo é a capital, situada a 18 km de Compostela.

Orografía

[editar | editar a fonte]

O concello ten un relevo suave e pouco accidentado. O cumio máis alto é o monte das Minas (452 m), seguido do castro de San Lourenzo de Pastor (412 m). A capital está a 287 m de altitude.[1]

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

O termo municipal divídese entre a bacía do río Tambre, que marca a súa fronteira norte, e a do río Ulla, que domina o sur do concello. Afluentes do Tambre que pasan polo concello son o río Mera e mailo Noa, que nace na parroquia de Pastor. En canto aos afluentes do Ulla, cabe mencionar aos ríos Brandelos e das Lañas.

Hai clima oceánico, con abundantes choivas.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 2015 4706 habitantes
Menores de 15 anos 514 (10,92 %)
Entre 15 e 64 anos 2995 (63,64 %)
Maiores de 65 anos 1197 (25,43 %)
Evolución da poboación do Pino   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6232 6832 7768 6027 4940 4710 4743 4732 4708 4680 4706 4653 4644 4656 4641 4652 4639 4576 4553
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Os rexistros escritos coñecidos do topónimo remontan ao século IX, cando o rei Ordoño II amplía en 12 millas o circuíto das posesións da igrexa de Compostela, desde San Vicenzo do Pino ata Iria Flavia: de Sancto Vicencio de Pino usque in Iriam, ano 915.O nome contén un adxectivo, 'pino' (‘empinado, elevado’), que fai referencia á localización da igrexa de San Vicenzo, na parroquia do Pino. O antigo nome de Monforte de Lemos, antes de que llo cambiase o rei Afonso VIII, era tamén O Pino e respondía á mesma motivación orográfica.[2]

Durante o antigo réxime as terras do Pino pertenceron á provincia de Santiago. En 1820 o territorio foi adxudicado ao partido xudicial de Sar, co nome de San Vicenzo do Pino. Trala división territorial de España en 1833 constituíuse o concello. En 1834 pasou ao partido xudicial de Arzúa, e entre 1965 e 1988 pertenceu ao de Santiago, regresando ao de Arzúa conforme á lei 38/1988 do 28 de decembro.

Desde o 27 de agosto de 2007 a Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica (ARMH) anda á procura dos restos de seis represaliados dos fascistas no lugar do Amenal. Entre o primeiro e o segundo día de traballo atoparon os restos de tres deles: Ramón Sánchez, Ramón Vázquez e Caitán García.

Seguiron a buscar a Isidro Filloi e o seu sobriño de 17 anos Andresito. Os investigadores, para localizar os restos seguen os consellos dos veciños do lugar. Para maior dificultade aqueles que mellor recordaban a situación dos lugares de enterramento xa morreron.

Tratábase de O Meimixe, O Listo e O Ghabrielo, coñecidos como os tres díscolos do Pino e que foron escollidos especialmente para darlles un aviso e obrigados a cavar as dúas fosas, a primeira onde enterraron os tres xa aparecidos e outra onde enterraron aos outros dous. Un sexto, o veciño de Boimorto José Cabanas, nun descoido dos falanxistas logrou escapar deste violento final.[3].

Símbolos

[editar | editar a fonte]
Pirogravado no CSC "Luís Seoane" co escudo heráldico do Pino.

O escudo heráldico municipal foi aprobado mediante o Real Decreto 2527/1982 de 30 de xullo e publicado no BOE (Boletín Oficial do Estado) o 8 de outubro de 1982[4]. O escudo, seguindo aos criterios da Real Academia da Historia, quedou descrito neste RD como «de ouro, o piñeiro ebrancado de sinople, terrazado do mesmo, e, ao timbre, coroa real pechada».

Trátase dun aparente caso de armas falantes, coa escolla da figura dun piñeiro motivada pola relación sinecdóquica entre o nome da árbore en castelán (pino) e o nome do concello que representa. Esta analoxía, que non se dá na lingua galega, non require un vencello etimolóxico real para se materializar na heráldica (por exemplo, a escolla dun león como símbolo do reino homónimo no século XII non se debeu á ignoracia naquela altura de que o nome da cidade de León procede do latín legio, "lexión").

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

No concello atópase o castro de San Lourenzo de Pastor, un recinto ovalado de 110 metros de lonxitude onde se acharon restos de cerámica sen decoración e dous torques de ouro de 22 quilates e 350 gramos de peso, actualmente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón da Coruña. Hai outros dous castros en Oza (San Mamede de Ferreiros) e Tarroeira (O Pino).

Sobre o río Mera consérvase a Ponte Puñide, de orixe romana, onde foi atopado o Modio da Ponte Puñide, un Modium de bronce datado cara aos anos 360/370, actualmente exposto no Museo Arqueolóxico Nacional.

Son varios os pazos que salpicaron a xeografía municipal ao longo da historia, dos que algúns deles aínda se conservan. Así pódense citar os pazos de San Fernando do Picón, de Portouteiro ou Medín, de Piñeiro, de Medín, de Dúas Casas, de Ferreiros e de Bermás ou Marqués de Montesacro, a Casa Grande ou Torre de Ferreiros e a Casa de Castrofeito.

Luís Seoane

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Luís Seoane.
Texto de Luís Seoane gravado nunha parede do CSC Luís Seoane, no Pedrouzo

O escritor, xornalista e pintor galego Luís Seoane, nado en Bos Aires o 1 de xuño de 1910, era fillo de Luis Santiago Seoane Brocos, nado en Oíns, e María López Mosquera, que era de Arca[5].

Ao regresar o matrimonio da emigración desde Arxentina en 1916, a nai recibiu en herdanza unha leira en Arca na que decidiron construír unha casa que pasaría a ser a de residencia. Esta casa semella ser a mesma que décadas despois foi, brevemente, unha das casas consistoriais que ten existido no concello e que hoxe en día é a oficina de Correos. Luís, pola súa banda, comezou a ir ao Instituto de Santiago, polo que só vivía na casa de sábado a luns na mañá e nos meses de verán. Ademais, preto do cemiterio municipal, ao sur do lugar da Igrexa, estaba a chamada Casa de Brey, que era onde vivía a súa avoa e o resto da famila materna, que visitaba a miúdo.

Ao comezar os seus estudos universitarios, a familia mudouse a Santiago, deixando así a casa de Arca. Porén, Seoane mantivo sempre presente a terra piñeira nos seus escritos, como cando di:

Pecho os ollos e vexo Arca. Ao ver Arca cos ollos pechados condúceme a nostalxia. Como podo ver Irlanda se pecho os ollos, para iso bástanme a historia e o son do mar. Podo evocar todo aquilo que vivín ou ouvín e o que coñezo a través doutros. É curioso o que ven por non querer ver algunhas persoas. Eu pecho os ollos e vexo o que quero. Algunha vez crin percibir incluso o cheiro daquel mar ou o daquela aldea.
Luís Seoane, "Pecho os ollos e vexo" (10/08/1978)

Tamén O Pino foi descrito na súa obra gráfica. En merecemento deste compromiso coa súa terra familiar, o Concello do Pino aprobou por unanimidade o 27 de marzo de 2008 nomear a Luís Seoane fillo predilecto[6], procedendo ademais a rebautizar a nova Casa de Cultura como Centro Sociocultural Luís Seoane.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes do Pino.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias do Pino

Arca (Santaia) | Budiño (Santa María) | Castrofeito (Santa María) | Cebreiro (San Xiao) | Cerceda (San Miguel) | Ferreiros (San Breixo) | Gonzar (Santa María) | Lardeiros (San Xiao) | Medín (Santo Estevo) | Pastor (San Lourenzo) | Pereira (San Miguel) | O Pino (San Vicenzo) | San Mamede de Ferreiros (San Mamede)

Lugares do Pino

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa Lugares do Pino.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.