Budiño, O Pino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Budiño
Cruceiro e igrexa de Budiño, O Pino.JPG
Cruceiro e igrexa parroquial de Santa María.
ConcelloO Pino
Poboación358 hab. (2013)
Entidades de poboación18

Santa María de Budiño é unha parroquia do concello coruñés do Pino na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 358 habitantes (234 homes e 226 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 434 habitantes.

Economía[editar | editar a fonte]

As súas actividades económicas principais son a agricultura e a gandeiría, se ben na actualidade estase procurando activar o sector turístico, grazas á construción dunha casa de turismo rural.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

As Medorras de Catasol son un conxunto de cinco túmulos megalíticos, gravemente alterados na actualidade. Están situadas xunto á parroquia de Castrofeito nunha zona que se inunda con relativa facilidade. Aos seus pés discorre o antigo Camiño Real que unía con Sigüeiro. Varias delas presentan cono de violación e moitas plantacións de árbores ao seu redor.

Na aldea de San Migueliño hai restos dun poboado castrexo, un asentamento fortificado da Idade de Ferro. Conta cun recinto lixeiramente ovoide e cun terraplén que o circunda. A máxima pendente deste corresponde ao sector oeste, norte e leste. Cara ao noroeste e o leste hai un aterrazamento que na parte nordeste desaparece. Asemade, poden observarse restos da muralla na zona interior do terraplén.

Conforme ao Diccionario de Madoz, durante o antigo réxime Budiño era a cabeza dunha antiga xurisdición que abranguía as parroquias de Bando, Burres, Budiño, Carballal, Cesár, Enfesta, Ferreiros, Marantes, Neménzo, Pino, Prebediños, Sabugueira (Lavacolla), Verdia e Beseño. O señorío era exercido polo conde de Altamira, o cal nomeaba o xuíz ordinario[1].

A igrexa parroquial está consagrada a Santa María. Na aldea de Sar hai un hórreo antigo. Hai tres muíños, o de Mosqueira (Xarrape), o do Cotón (Xesteira) e o de Porto.

Existe unha ruta de sendeirismo ó longo do río Tambre dende Portobudiño (Carolliño) ata Portochao (Campo). Destacan a presa (Carolliño), o berce de Santa Mariña (Quintás) e a área recreativa de Portochao (Campo).

Hai unha lenda na parroquia sobre as Pedras Malditas.

Festas[editar | editar a fonte]

Na parroquia celébrase a Pascua de Resurrección (o día propio), o Corpus Christi (2º domingo despois do día propio), Santo Antón (13 de xuño), Santa Mariña (18 de xullo), Santa María (15 de agosto), San Roque (16 de agosto), O Carme (17 de agosto), San Miguel (28 de setembro) e O Rosario (primeiro domingo despois do 6 de outubro).

Notas[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Budiño[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Budiño no concello do Pino (Provincia da Coruña)

O Campo | As Cancelas | Carolliño | O Couto | O Cruceiro | Fixó | A Fontaíña | Parañoa | Pazos de Abaixo | Pazos de Arriba | Pipas | A Porta de Roxos | Quintás | Regodauga | A Rúa | San Migueliño | Sar | A Voutureira

Parroquias do Pino[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias do Pino

Arca (Santaia) | Budiño (Santa María) | Castrofeito (Santa María) | Cebreiro (San Xiao) | Cerceda (San Miguel) | Ferreiros (San Breixo) | Gonzar (Santa María) | Lardeiros (San Xiao) | Medín (Santo Estevo) | Pastor (San Lourenzo) | Pereira (San Miguel) | O Pino (San Vicenzo) | San Mamede de Ferreiros (San Mamede)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]