Cebreiro, O Pino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°53′19″N 8°19′09″O / 42.8885564, -8.3192289

Cebreiro
Igrexa de Cebreiro, O Pino.JPG
Igrexa de San Xiao de Cebreiro.
ConcelloO Pino
Poboación214 hab. (2018)
Entidades de poboación9

San Xiao de Cebreiro é unha parroquia do concello coruñés do Pino. Segundo o IGE en 2018 tiña 214 habitantes (104 homes e 110 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 281 habitantes.

O seu topónimo procede do latín CEBRARIUM, "lugar onde hai moitos asnos bravos", tamén chamados onagros e "cebros" <(e)quos feros + o sufixo abundancial -arium>[1]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Nela está unha carballeira onde se celebraba a feira do Vinte. Na actualidade aínda se pode ir comer o polbo o día 20 de cada mes. Nesta carballeira hai restos da antiga aldea e da capela de San Sadurniño. Foi unha das localizacións escollidas para a rodaxe da película Divinas palabras, na que participaron como extras moitos dos veciños da parroquia.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes do Pino.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cebreiro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cebreiro no concello do Pino (A Coruña)

Angumil | A Carboeira | O Casal | O Castelo | A Feira | A Modorra | O Pazo | Quintás | San Sadurniño

Parroquias do Pino[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias do Pino

Arca (Santaia) | Budiño (Santa María) | Castrofeito (Santa María) | Cebreiro (San Xiao) | Cerceda (San Miguel) | Ferreiros (San Breixo) | Gonzar (Santa María) | Lardeiros (San Xiao) | Medín (Santo Estevo) | Pastor (San Lourenzo) | Pereira (San Miguel) | O Pino (San Vicenzo) | San Mamede de Ferreiros (San Mamede)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cabeza Quiles, F (2008): Toponimia de Galicia. Vigo, Editorial Galaxia. Páxs. 326, 428 e 492. ISBN 978-84-9865-892-1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]