Campolongo, Negreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Campolongo
Couso de Arriba-Campolongo-Negreira-Galiza.jpg
Couso de Arriba.
ConcelloNegreira
Área7,18 km²
Poboación199 hab. (2014)
Densidade27,72 hab./km²
Entidades de poboación10

Santa Cruz de Campolongo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2014 tiña 199 habitantes (97 homes e 102 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 279 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita co concello de Outes e co de Mazaricos. Tradicionalmente os habitantes de Campolongo dedícanse á agricultura e a gandería.

Festas[editar | editar a fonte]

A súa patroa é a Santa Cruz, que se honra o 14 de setembro. Tamén se celebra o Carme o primeiro domingo de setembro. Outra festa moi importante é Santa Irene que se honra o día 20 de outubro. Tamén conta cunha celebración moi antiga, a do Corazón de Xesús, que se honra o 3 de maio. Dela adoptou o nome a Asociación de Veciños 3 de Maio.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Campolongo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Campolongo no concello de Negreira (A Coruña)

Agrís | Campolongo | Castelán | O Cotón | Couso de Abaixo | Couso de Arriba | O Peto | O Plantío | Vilar de Abaixo | Vilar de Arriba

Parroquias de Negreira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Negreira

Alvite (San Tomé) | Aro (San Vicenzo) | Arzón (San Cristovo) | Broño (San Martiño) | Bugallido (San Pedro) | Campelo (San Fins) | Campolongo (Santa Cruz) | Covas (Santa María) | Gonte (San Pedro) | Landeira (Santo Estevo) | Liñaio (San Martiño) | Logrosa (Santa Baia) | Lueiro (Santa Baia) | Negreira (San Xián) | A Pena (San Mamede) | Portor (Santa María) | Xallas (San Pedro) | Zas (San Mamede)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]