Aro, Negreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aro
Igrexa de San Vicenzo de Aro.
ConcelloNegreira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°54′14″N 8°47′24″O / 42.904, -8.7899Coordenadas: 42°54′14″N 8°47′24″O / 42.904, -8.7899
Área16,17 km²
Poboación270 hab. (2014)
Densidade16,7 hab./km²
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

San Vicenzo de Aro[1] é unha parroquia situada ao leste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 270 habitantes (125 homes e 145 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 364 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está bañada polos ríos Barcala, Pequeno e Corzán.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Vicenzo foi construída entre finais do século XVIII e comezos do XX. Os muros laterais foron construídos por tramos, e a fachada ten un gran frontón recto. O templo é de nave única, cunha gran bóveda de canón corrida e unha bóveda de arestas no presbiterio. A carón da igrexa está o hórreo de San Vicenzo.

No lugar de Camiño Real foi construída a mediados do século XX unha escola, financiada pola Sociedad Barcalesa de Barcala (Cuba).

Na parroquia hai tradición de cestería artesá, que se vendía nos mercados de Negreira, Noia e Santa Comba.

Festas[editar | editar a fonte]

As festas parroquiais teñen lugar o 22 de xaneiro. Celébrase tamén o Corpus Christi e a festa do Carme o 16 de xullo.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Aro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Aro no concello de Negreira (A Coruña)

Aro | A Braña | O Camiño Real | Leira de Ares | Meiro | Pedralonga | Rioseco | San Vicenzo | Tuñas | Vilar

Parroquias de Negreira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Negreira

Alvite (San Tomé) | Aro (San Vicenzo) | Arzón (San Cristovo) | Broño (San Martiño) | Bugallido (San Pedro) | Campelo (San Fins) | Campolongo (Santa Cruz) | Covas (Santa María) | Gonte (San Pedro) | Landeira (Santo Estevo) | Liñaio (San Martiño) | Logrosa (Santa Baia) | Lueiro (Santa Baia) | Negreira (San Xián) | A Pena (San Mamede) | Portor (Santa María) | Xallas (San Pedro) | Zas (San Mamede)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]