Arzón, Negreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arzón
Negreira Arzon 14.JPG
Igrexa de San Cristovo de Arzón.
ConcelloNegreira
Área3,97 km²
Poboación76 hab. (2013)
Densidade19,14 hab./km²
Entidades de poboación3

San Cristovo de Arzón é unha parroquia que se localiza no sueste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 76 habitantes (37 homes e 39 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación (Romarís, Porqueira e A Devesa), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 115 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Desde a aldea da Devesa parte un paseo á beira do río Corzán, de máis de 2 quilómetros, que vai a desembocar no río Tambre, ao lado dunha presa construída recentemente.

Economía[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente a veciñanza viviu da agricultura e a gandería. Nos últimos anos diminuíu a poboación, e parte dos seus habitantes traballan en vilas dos arredores.

Festas[editar | editar a fonte]

A festa máis importante e Nosa Señora da Paz, que se celebra o 28 de agosto. Tamén se celebra a Virxe do Carme o 29 de agosto. Outras festas que se celebran, aínda que con menos importancia son San Xosé (19 de marzo), Santo Antonio (30 de maio), San Cristovo (10 de xullo), o Santísimo Sacramento (primeiro domingo de setembro) e San Miguel (29 de setembro).

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Arzón[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Arzón no concello de Negreira (A Coruña)

A Devesa | Porqueira | Romarís

Parroquias de Negreira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Negreira

Alvite (San Tomé) | Aro (San Vicenzo) | Arzón (San Cristovo) | Broño (San Martiño) | Bugallido (San Pedro) | Campelo (San Fins) | Campolongo (Santa Cruz) | Covas (Santa María) | Gonte (San Pedro) | Landeira (Santo Estevo) | Liñaio (San Martiño) | Logrosa (Santa Baia) | Lueiro (Santa Baia) | Negreira (San Xián) | A Pena (San Mamede) | Portor (Santa María) | Xallas (San Pedro) | Zas (San Mamede)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]