Coalición por Europa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
| Coalición por Europa | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
Coalición por Europa (CEU) foi unha das candidaturas que se presentaron ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2009. Foi a sucesora natural da coalición Galeusca-Pobos de Europa, das eleccións ao Parlamento Europeo de 2004; e estivo formada por Convergència i Unió, Partido Nacionalista Vasco, Coalición Canaria, Partido Andalucista, Unió Mallorquina, Unió Menorquina e Bloc Nacionalista Valencià.
Con este mesmo nome repetiron a súa presentación en '2014, nos comicios europeos dese ano, formada tamén por Convergència i Unió, Partido Nacionalista Vasco e Coalición Canaria, pero en vez dos partidos rexionalistas e nacionalistas de Andalucía, Baleares e Valencia, figuraba a formación galega Compromiso por Galicia.
Ideoloxía
[editar | editar a fonte]Cómpre sinalar que, ao ser unha coalición electoral, e ao estar os seus membros no Parlamento Europeo en partidos diferentes, a coalición non tivo un programa propio. Cada partido que a integra tivo o seu programa.
Porén, pódense sinalar unhas liñas básicas, como son a defensa dunha Europa das rexións, dunha Europa social e na que se valore o traballo, unha aposta pola competitividade económica etc.
Candidatos
[editar | editar a fonte]En 2009
[editar | editar a fonte]Os sete primeiros postos da candidatura son os seguintes:
En 2014
[editar | editar a fonte]Os sete primeiros postos da candidatura son os seguintes: