Festigal
Festigal | |
---|---|
Tipo | cultural festival |
Ideoloxía | nacionalismo galego |
Data de fundación | 2002 |
Fundador(es) | Galiza Nova e Fundación Galiza Sempre |
Sede | Alameda de Santiago de Compostela |
En | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
https://festi.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Festigal é un encontro cultural que se celebra anualmente en Santiago de Compostela, durante os días 24 e 25 de xullo, co gallo da celebración do Día Nacional de Galicia. Está organizado polas asociacións nacionalistas Galiza Nova e Fundación Galiza Sempre.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Durante os dous días de celebración mestúranse, no parque da Alameda de Compostela, actividades culturais, lúdicas e deportivas, como presentacións de libros, debates ou obradoiros.[2] Na noite do día 24 organizase un concorrido concerto musical e no 25, após as tradicionais manifestacións nacionalistas do Día da Patria Galega, ten lugar un xantar popular na Carballeira de Santa Susana.
Nas actuacións musicais ponse especial interese na potenciación de novo conxuntos que se caractericen por levar na súa identidade a música e a cultura galegas[3]. Neste sentido, desde 2015, organízase o concurso "Novos Valores", no que se elixe unha banda emerxente para a abertura do concerto do 24..[4]
O festigal recibiu en 2014 o Premio Martín Códax da Música na categoría de festivais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O Festigal volve con música e "rebeldía"". Praza Pública. 11 de xullo de 2013. Consultado o 8 de abril de 2017.
- ↑ "Festigal: música e moito máis". Praza Pública. 23 de xullo de 2013. Consultado o 8 de abril de 2017.
- ↑ Ferro, Adrián (7 de xuño de 2016). "O Festigal xa ten cartaz". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2017. Consultado o 8 de abril de 2017.
- ↑ adminfestigal (2016-04-07). "En marcha a segunda edición do concurso “Novos Valores” do Festigal 2016 para descubrir artistas e bandas emerxentes". Festigal | Campus Sur de Santiago de Compostela. 24 e 25 de xullo. Consultado o 2023-03-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Así foi o Festigal 2018. Festigaltv (31/07/2018). Youtube.