Guillaume Apollinaire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guillaume Apollinaire
Guillaume Apollinaire 1914.jpg
Nome completo Wilhelm Albert Włodzimierz Apollinaris de Wąż-Kostrowicky
Nacemento 26 de agosto de 1880
Lugar Roma
Falecemento 9 de novembro de 1918
Lugar París
Causa Gripe de 1918
Soterrado Cemiterio do Père-Lachaise
Nacionalidade Imperio Ruso e Francia
Ocupación poeta, escritor, dramaturgo, crítico de arte, diarist, censor, contacontos e correspondent (female)
Cónxuxe Amélia Kolb
Premios Mort pour la France
editar datos en Wikidata ]
Guillaume Apollinaire (esquerda) e André Rouveyre, en 1914.

Wilhelm Albert Vladimir Apollinaris de Kostrowitzky, coñecido como Guillaume Apollinaire, nado en Roma o 26 de agosto de 1880 e finado en París o 9 de novembro de 1918, foi un escritor e crítico de arte francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha condesa polaca, dende 1902 foi un dos membros máis populares do barrio artístico parisino de Montparnasse, tivo por amigos e colaboradores a Pablo Picasso, Max Jacob, André Salmon, Marie Laurencin, André Derain, Blaise Cendrars, Pierre Reverdy, Jean Cocteau, Erik Satie, Ossip Zadkine e Marcel Duchamp.

En 1909 publicou o seu primeiro libro O encantador en putrefacción, baseado na lenda de Merlín e Viviana. Os seus poemarios, O bestiario ou o cortexo de Orfeo (1911) e Alcoois (1913) reflicten a influencia do simbolismo, con importantes innovacións formais; nese mesmo ano apareceu o ensaio crítico Os pintores cubistas, defensa do novo movemento como superación do realismo. No 1916 publicou o libro de relatos O poeta asasinado.

Alistouse como voluntario en 1914 no exército francés, combatendo na Primeira Guerra Mundial. Foi ferido de gravidade na cabeza en 1916, morrendo dous anos despois, vítima da gripe española.

Obra traducida ao galego[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]