Paul Dukas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul Dukas
Paul Dukas 01.jpg
Nacemento 1 de outubro de 1865
  París
Falecemento 17 de maio de 1935
  París
Soterrado Crématorium-columbarium du Père-Lachaise
Nacionalidade Francia
Alma máter Conservatoire national supérieur de musique et de danse
Ocupación compositor, coreógrafo, músico, pedagogo, profesor de música, catedrático de universidade e pianista
Cónxuxe Suzanne Pereyra
Fillos Adrienne Thérèse Dukas
Coñecido/a por O aprendiz de meigo, Ariane et Barbe-bleue e Piano Sonata
Premios Prix de Rome
editar datos en Wikidata ]

Paul Dukas, nado en París o 1 de outubro de 1865[1] e morto na mesma cidade o 17 de maio de 1935, foi un compositor francés da escola impresionista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a tocar o piano aos 5 anos pero non sentiu a súa vocación até os 14. En 1881 ingresou no Conservatorio de París[2] na clase de harmonía de Théodore Dubois. Desta época proceden algunhas páxinas inéditas: Un Air de Clytemnestre (1882) e Ouverture du Roi Lear (1883). En 1884 escoitou por primeira vez na orquestra o seu Ouverture pour Götz von Berlichingen. Ao ano seguinte foi admitido como alumno de composición de Ernest Guiraud e en 1886 obtivo un 1º Premio de contrapunto e fuga. En 1888 conseguiu o segundo Premio de Roma pola súa Cantata Velléda, pero negáronlle o primeiro Gran Premio ao ano seguinte, entón abandonou o conservatorio e dedicouse seriamente ao seu traballo. Escribiu tamén moitos artigos en revistas, que foron reunidos en 1948 baixo o título Escrits sur musique de Paul Dukas. Foi amigo e conselleiro de Isaac Albéniz[3][4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Archives de l’état civil de Paris en ligne, 1er arrondissement. Partida de nacemento 1677, ano 1865 (en francés).
  2. Biografía do músico en IMDB (en inglés).
  3. Ficha da obra Cartas de Dukas a Albéniz en Dialnet.
  4. Dukas. Hoy 1 de octubre de 1865 nace el compositor Paul Dukas famoso por "El aprendiz de Brujo" (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]