Richie Ginther

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Richie Ginther
Richie Ginther 1966 Nürburgring.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Anos en activo 19601967
Escudería(s) Ferrari, Scarab, BRM, Honda, Cooper, Eagle
Grandes Premios disputados 54 (52 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 1
Podios 14
Pole positions 0
Voltas rápidas 3
Primeiro GP Gran Premio de Mónaco de 1960
Primeira vitoria Gran Premio de México de 1965
Derradeira vitoria Gran Premio de México de 1965
Derradeiro GP Gran Premio de Mónaco de 1967

Paul Richard "Richie" Ginther, nado o 5 de agosto de 1930 no barrio de Granada Hills,[1] (Os Ánxeles), e finado o 20 de setembro de 1989 en Francia, foi un piloto de carreiras dos Estados Unidos. Durante a súa variada carreira, Ginther gañou o Gran Premio de México de 1965 a primeira vitoria de Honda nun Gran Premio, unha vitoria que tamén resultaría ser a única vitoria de Ginther na Fórmula 1. Ginther competiu en 54 carreiras do Campionato do Mundo de Fórmula Un, e moitas outras carreiras de F1 fora do campionato.

Inicios[editar | editar a fonte]

Richie Ginther criouse na mesma cidade californiana do futuro campión do mundo de Fórmula Un Phil Hill, e foi a través de Hill, amigo do irmán maior de Ginther, que Richie Ginther correu a primeira carreira.[2] Logo de terminar a escola, en 1948 Richie Ginther seguiu os pasos do seu pai e foise a traballar para Douglas Aircraft, inicialmente no almacén de ferramentas e matrices. No seu tempo libre axudáballe a Phill Hill a reparar, manter e correr coa súa colección de coches antigos e hot rods,[3] cando a carreira de Hill comezou a coller pulo. Ginther fixo o seu propio debut en Pebble Beach en 1951, pilotando un deportivo MG tipo T con motor Ford.[4]

Con todo, a carreira de Ginther suspendeuse pouco despois durante dous anos debido ao servizo militar durante a Guerra de Corea. Durante este tempo adquiriu formación e experiencia en aeronaves e motores mecánicos, habilidades as que máis tarde deu un bo uso durante a súa carreira como piloto.

Fórmula Un[editar | editar a fonte]

Ferrari[editar | editar a fonte]

Ginther fixo o seu debut na F1 no Gran Premio de Mónaco de 1960 con Ferrari, con quen se quedou ata a tempada de 1961. En setembro no Gran Premio de Italia de 1960 en Monza quedou segundo tras Phil Hill. Ginther liderou desde o inicio ata a volta 25, cando Hill pasouno e liderou ata o final.[5]

En 1961 Ginther era o 3º piloto de Ferrari, detrás do 1º Wolfgang von Trips e o 2º Hill. Giancarlo Baghetti pilotaba o 4º coche. O director do equipo era Romulo Tavoni.[6]

O 14 de maio de 1961, Ginther terminou segundo tras Stirling Moss no Gran Premio de Mónaco de 1961, só a 3´6 segundos por detrás, uns poucos metros. Pilotaba o novo Ferrari con motor traseiro.[7] Ginther clasificouse en primeiro lugar, por diante de Hill, cunha velocidade media de 113´8 km/h, e un tempo de clasificación de 1:39.3. Que eclipsou a marca anterior de 1:39.6 .[8]

En agosto de 1961 Ginther e Baghetti foron compañeiros de equipo no Gran Premio de Pescara. O seu Ferrari lideraba na décima volta, cando se detivo nun tramo recto cunha roda picada.[9] Ginther fixo unha velocidade media de máis de 214 km/h nos 10 km. do Autodromo Nazionale Monza en setembro de 1961, para liderar o primeiro día da clasificación para o Gran Premio de Italia de 1961.[10] Von Trips cualificado primeiro con Ginther na terceira posición de partida detrás de Ricardo Rodríguez.[11] Ginther retirouse da carreira. Von Trips morreu nun espectacular accidente na segunda volta, no que tamén morreron once espectadores.[12] Algúns dos que resultaron feridos, finalmente sucumbiron, resultaron un total de quince mortes. O equipo Ferrari deixou a competición ata o 1 de xaneiro de 1962 como unha mostra de respecto a Von Trips.[13]

BRM e Honda[editar | editar a fonte]

En 1962 pasou ao equipo británico BRM para competir xunto a Graham Hill, o máis destacado foi o terceiro lugar no Campionato Mundial de 1963 detrás de Hill. Anotou máis puntos que o seu compañeiro de equipo en toda a tempada, pero só contaban as seis mellores puntuacións para o campionato.

A súa reputación como un sólido "corredor de equipo" e un excelente piloto de probas e desenvolvemento valeulle unha invitación para unirse ao equipo Honda en 1965 co que logrou a súa primeira e única vitoria nun GP no Gran Premio de México de 1965. O triunfo tamén foi o primeiro para Honda na Fórmula 1. Ginther fixo 151´7 km/h sobre a revirada pista de 5 km. nas 65 voltas na carreira de Cidade de México. A súa velocidade eclipsou a marca anterior de 150´185 km/h establecido por Dan Gurney en 1964. Tamén foi a primeira vez que Honda participou no Gran Premio de México.[14] Honda volveu a participar na competencia internacional no Gran Premio de Italia de 1966. O equipo Honda so tiña tres anos e atopouse con dificultades na preparación dun motor máis grande. Ginther lideraba en Italia antes de que o seu coche estrelarase contra un muro de contención e rompeuse a clavícula.[15]

Ginther gañou 1 carreira, logrou 14 podios, e anotou un total de 107 puntos nos campionatos que participou.

El apareceu nun papel sen acreditar na película de 1966 Grand Prix como John Hogarth, un piloto do equipo xaponés "Yamura". Tamén actuou como un dos asesores técnicos da película.

Ao facer un intento para cualificar para as 500 Millas de Indianápolis de 1967, Ginther decidiu que xa era suficiente e afastouse das carreiras. A Ginther rompéuselle unha tubaria de combustible no seu Indy All-American Eagle que rociouno cunha mestura de etanol e gasolina. Esta experiencia, xunto co recordo de queimarse antes, levou a súa retirada repentina.[16]

Ginther tamén participou nun Porsche 911 con outros dous pilotos americanos durante a 39ª edición das 24 Horas de Le Mans, en xuño de 1971.[17]

Morte[editar | editar a fonte]

Richie Ginther morreu dun ataque ao corazón mentres estaba de vacacións coa súa familia en Francia o 20 de setembro de 1989.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Pts.[18]
1960 Scuderia Ferrari Ferrari 246P Ferrari ARX MON
6
500 8
Ferrari Dino 246 NED
6
BEL GBR POR ITA
2
USA
Reventlow Automobiles Inc Scarab Type 1 Scarab FRA
NTS
1961 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari MON
2
NED
5
BEL
3
FRA
Ret
GBR
3
ALE
8
ITA
Ret
USA
NCG
16
1962 Owen Racing Organisation BRM P48/57 BRM NED
Ret
MON
Ret
10
BRM P57 BRM BEL
13
FRA
3
GBR
13
ALE
8
ITA
2
USA
Ret
RSA
7
1963 Owen Racing Organisation BRM P57 BRM MON
2
BEL
4
NED
5
FRA
Ret
GBR
4
ALE
3
ITA
2
USA
2
MEX
3
RSA
Ret
29 (34)
1964 Owen Racing Organisation BRM P261 BRM MON
2
NED
11
BEL
4
FRA
5
GBR
8
ALE
7
AUT
2
ITA
4
USA
4
MEX
8
23
1965 Honda R&D Co Honda RA272 Honda RSA MON
Ret
BEL
6
FRA
Ret
GBR
Ret
NED
6
ALE ITA
Ret
USA
7
MEX
1
11
1966 Cooper Car Company Cooper T81 Maserati MON
Ret
BEL
5
FRA GBR NED ALE 11º 5
Honda R&D Co Honda RA273 Honda ITA
Ret
USA
NC
MEX
4
1967 Anglo American Racers Eagle Mk1 Weslake RSA MON
NSC
NC 0
Advance Muffler/Bruce Bromme NED
NCG
BEL FRA GBR ALE CAN ITA USA MEX

Resultados en carreiras non de campionato[editar | editar a fonte]

(Chave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21
1960 Scuderia Ferrari Ferrari 246 Ferrari V6 GLV INT SIL
9
LOM OUL
1961 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari LOM GLV PAU BRX VIE AIN SYR
WD
NAP LON SIL SOL KAN DAN MOD FLG OUL LEW VAL RAN NAT RSA
1962 Owen Racing Organisation BRM P578 BRM CAP BRX LOM
WD
LAV GLV
10
PAU AIN
Ret
INT
Ret
NAP MAL CLP RMS
Ret
SOL KAN MED DAN OUL
Ret
MEX RAN
15
NAT
3
1963 Owen Racing Organisation BRM P578 BRM LOM
5
GLV
Ret
PAU IMO SYR AIN
4
INT
Ret
ROM SOL KAN MED AUT OUL
2
RAN
1964 Owen Racing Organisation BRM P261 BRM DMT
WD
NWT SYR AIN
NTS
INT
WD
SOL MED RAN
1966 Stirling Moss Racing Team BRP BRM V8 RSA
Ret
SYR
Cooper Car Company Cooper T81 Maserati INT
Ret
OUL
1967 Anglo American Racers Eagle Mk1 Weslake ROC
10
SPC INT SYR OUL ESP

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Richie Ginther Enters Times Grand Prix, Los Angeles Times, September 13, 1960, Page C1
  2. Roebuck, N. 1998. Legends: Richie Ginther. Motor Sport. LXXV/3 (March 1999), 16–17
  3. Sloniger, J. 1961. Tester to the Prancing Horse. In: Eves, E. (ed.) Autocourse: Review of International Motor Sport. 1960, Part One. Trafalgar Press, London. 80pp
  4. "Richie Ginther". Grand Prix Racing. Consultado o 2007-08-20. 
  5. Phil Hill, in Ferrari Wins Monza Grand Prix, Los Angeles Times, September 5, 1960, Page C6
  6. Ferrari Has Enviable Problem; Who on His Team Should Win, New York Times, July 2, 1961, Page 58.
  7. Moss May Be Tough, Lincoln Evening Journal, May 15, 1961, Page 14
  8. Ginther Sets Monaco Record, Los Angeles Times, May 13, 1961, Page A3
  9. Italians' Ferrari Takes Auto Race, New York Times, August 16, 1961, Page 27.
  10. Grand Prix Trials Paced By Ginther, New York Times, September 9, 1961, Page 25.
  11. Ferraris In Sweep, New York Times, September 10, 1961, Page K9
  12. Von Trips and 11 Spectators Killed in Grand Prix, New York Times, September 11, 1961, Page 1.
  13. Top Drivers Arrive For Grand Prix, New York Times, October 10, 1961, Page C4.
  14. Ginther Takes Mexican Grand Prix, Fresno Bee, October 25, 1965, Page 18.
  15. U.S. Grand Prix, Fremont Argus, September 30, 1966, Page 9.
  16. Motor Sports Today, Van Nuys News, April 14, 1968, Page 36.
  17. Porsche Team Choice To Wim At Le Mans, Hamilton, Ohio Daily News Journal, June 12, 1971, Page 23.
  18. Up until 1990, not all points scored by a driver contributed to their final World Championship tally (see list of points scoring systems for more information). Numbers without parentheses are Championship points; numbers in parentheses are total points scored.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]