Estevo I, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Nome orixinal | (la) Stephanus I |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século III Roma, Italia |
Morte | 2 de agosto de 257 Roma, Italia |
Causa da morte | decapitación |
Lugar de sepultura | Hvar Cathedral (en) (cabeza) (1897–) |
23º Papa | |
12 de maio de 254 – 2 de agosto de 257 ← Lucio I – Sisto II → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 2 de agosto |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Stephen I. |
Estevo I, nado en Roma cara ao 200 e finado o 2 de agosto de 257, foi Papa da igrexa católica entre o 12 de maio de 254 e a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo dun tal Iovius. Era arquidiácono cando sucedeu a Lucio I. O seu pontificado tivo lugar entre dúas vagas de persecucións contra os cristiáns, o que, aínda que supuxo un período de tranquilidade respecto ás súas relacións co Imperio romano, suscitou un recrudecemento no seo da Igrexa do problema dos lapsi.
En efecto, rompendo coa postura dos seus dous predecesores, Estevo I era contrario á readmisión no seo da Igrexa dos cristiáns que apostataran da súa fe durante os períodos de persecución sufridos. Esta postura rigorista, defendida tamén polos seguidores do antipapa Novaciano, unida á súa defensa da validez do bautismo administrado por clérigos que apostataran, supuxo o seu enfrontamento coa Igrexa de África, encabezada polo bispo de Cartago San Cibrán, e coas Igrexas de Alexandría e Cesarea, que sostiñan tanto a readmisión dos lapsi como a necesidade dun novo bautismo para os bautizados por estes.
Para impor a súa opinión na controversia desatada, Estevo fixo uso por primeira vez na historia da Igrexa da pretensión de que a Igrexa de Roma non só tiña unha autoridade moral sobre as restantes Igrexas da cristiandade, senón de que ademais posuía unha autoridade xurídica que lle permitía imporse sobre o resto das igrexas do mundo.
Isto levouno a unha ruptura das igrexas africanas con Roma que se mantivo ata a súa morte, que segundo a tradición se debeu ó martirio ó ser degolado sobre a mesma cadeira pontificia durante as novas persecucións ordenadas polo emperador Valeriano.
A Estevo I atribúeselle a prohibición de que as vestiduras eclesiásticas non fosen empregadas para usos mundanos.
A súa festividade conmemórase o 2 de agosto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |