Culleredo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Formato
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ms:Culleredo
Liña 229: Liña 229:
[[ja:クジェレード]]
[[ja:クジェレード]]
[[mk:Кулередо]]
[[mk:Кулередо]]
[[ms:Culleredo]]
[[nl:Culleredo]]
[[nl:Culleredo]]
[[pam:Culleredo]]
[[pam:Culleredo]]

Revisión como estaba o 16 de abril de 2011 ás 14:16

17' 18.13" N 08° 23' 19.89" O_E_ 0°00′00″N 0°00′00″L / 43_17_18.13_N_08_23_19.89_W, 43° 17' 18.13" N 08° 23' 19.89" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Culleredo
Escudo de Culleredo
Casa do concello.
Situación
Xentilicio[1]Cullerdense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Coruña
Poboación28.227[2] hab. (2009)[3][4]
Área62,3[2] km²[4]
DensidadeErro de expresión: Descoñécese o signo de puntuación "". hab./km²
Entidades de poboación69 lugares[5]
Capital do concelloTarrío
Política (2007)
AlcaldeJulio Sacristán de Diego (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 9
Outros: APDC 4
Eleccións municipais en Culleredo
Uso do galego[6] (2001)
Galegofalantes86,32%
Na rede
http://www.culleredo.org/
Twitter: ConcCulleredo Youtube: UCr6poe7okhvWI-cK-OAC2uA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Culleredo é un concello galego da Provincia da Coruña. Pertence á Comarca da Coruña e está situado na área central da provincia, na comarca de A Coruña, no extremo sur da ría do Burgo, no ano 2009 tiña 28.227 habitantes[2].

Neste concello atópase localizado o aeroporto de Alvedro, un dos tres aeroportos de Galicia. E ese mesmo nome, Alvedro, era o que recibía o concello antigamente[7][8].

Xeografía

Situación

Limita ao norte cos concellos da Coruña e de Oleiros e a ría do Burgo, ao oeste co de Arteixo, ao leste co de Cambre e ao sur co de Carral, co concello da Laracha da comarca de Bergantiños e co concello de Cerceda da comarca de Ordes.

Hidrografía

El mesmo e a partir del, vanse sucedendo vales e pequenos outeiros ata o nivel do mar na ría de O Burgo. Os vales están surcados polos ríos Valiñas e Trabe, todos eles pertencentes á conca do río Mero que desemboca na ría de O Burgo.

Clima

Climáticamente atópase no mesmo clima que o resto de Galicia, de tipo oceánico europeo, con temperaturas suaves e gran cantidade de precipitacións.

Demografía

A poboación no 2009: 28.227 habitantes segundo o IGE (27.670 no [2008]], 26.707 no 2007, 26.547 no 2006, 25.650 no 2005, 24.640 no 2004)[9].

Culleredo. Gráfica de poboación.
División menor: 1.000 habitantes.
Fontes: Instituto Nacional de Estatística[7] e Instituto Galego de Estatística[9].
Gráfica elaborada por: Wikipedia.























Na gráfica pódese apreciar claramente o forte incremento de poboación a partires de 1970 debido á súa condición de cidade dormitorio asociada á cidade de A Coruña.

Xentilicio (véxase no Galizionario) : Cullerdense

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Culleredo

Almeiras (San Xián) | O Burgo (Santiago) | Castelo (Santiago) | Celas (Santa María) | Culleredo (Santo Estevo) | Ledoño (San Pedro) | Orro (San Salvador) | Rutis (Santa María) | Sésamo (San Martiño) | Sueiro (Santo Estevo) | Veiga (San Silvestre)

Lugares

Para unha listaxe completa de tódolos lugares do concello de Culleredo vexa: Lugares de Culleredo.

Economía

Este é un municipio fortemente influenciado pola súa proximidade á cidade da Coruña, o que provoca que as parroquias limítrofes coa cidade estean moi urbanizadas, achegando a parroquia de Rutis 13.392 habitantes e a de O Burgo 8.216 á poboación municipal no ano 2008. Estas parroquias están na súa meirande parte habitadas por xente moza que desenvolve as súas actividades profesionais na cidade da Coruña ou nos polígonos industriais das súas aforas. En cambio, as outras parroquias son semirrurais e a poboación está integrada por persoas de maior idade en proporción e, en moitos máis casos está dedicada ó sector primario. Dentro deste segundo grupo de parroquias cabe distinguir dous grupos, o formado por Almeiras e Tarrío, grandemente influenciados pola presenza do aeroporto de Alvedro e do polígono industrial do mesmo nome. Concentradas no sector secundario, a primeira, e ós servizos institucionais como capital do municipio (Tarrío), e ó sector gandeiro a segunda. Por outro lado todas as demais están orientadas cara ó sector primario, aínda que tamén sexa importante a presenza nelas de moitas segundas residencias de cidadáns da Coruña.

Infraestruturas e transporte

En canto ás comunicacións, atravesan o municipio as autoestradas AP-9 (A Coruña-Santiago-Vigo-Portugal) e A-6 (Madrid-A Coruña); as liñas de tren a Santiago de Compostela, Madrid e Lugo; a N-550 Santiago de Compostela-A Coruña e a AC-400 Muros-Ponte do Porco. Tamén ten o aeroporto de Alvedro no termo municipal.

Historia e cultura

Patrimonio arqueolóxico e arquitectónico

Turísticamente este municipio ten interesantes espazos e edificios:

Conta con diversas rutas de sendeirismo organizadas polo Concello por todo o municipio, moitas veces temáticas. A destacar entre estas as dos muíños, as das fontes e as das panaderías.

Símbolos

O concello ten como motivo principal do seu escudo a imaxe da ponte do Burgo, como queda definido na súa descrición: En campo de prata unha ponte de tres ollos a dúas augas de ouro, mazonado e perfilado de sable sobre ondas de azur e prata superado dunha cruz patada de gules acompañada a cada lado dunha vieira de prata perfilada de azur. Ao timbre coroa real pechada.[10]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Véxase