Expocoruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "EXPOCoruña")

Coordenadas: 43°20′23″N 8°24′40″O / 43.33972, -8.41111

P1110413 Recinto ferial A Coruña.JPG

O Recinto Feiral Expocoruña é a institución feiral da Coruña, que organiza salóns relacionados cos diferentes sectores económicos. Está situado en Someso.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O proxecto do recinto feiral comezou o ano 2003. Porén, sufriu atrasos e aumentos de custos que elevaron o orzamento ata 37 millóns de euros, un 75 % máis do presupostado.[2] O edificio, deseñado por Luis Collarte,[3] inaugurouse o 19 de febreiro de 2008.[4]

Recinto[editar | editar a fonte]

586-Recinto ferial (Coruña).jpg

Conta con 19 000 m2 cubertos e 8000 ao aire libre. Dispón tamén de salas multiúsos, aulas e despachos, ademais de aparcadoiro.[5]

Feiras e outras actividades[editar | editar a fonte]

Algúns dos eventos organizados en Expocoruña son Expotaku,[6] a Feira de Autónomos de Galicia[7] ou o Salón do Vehículo de Ocasión.[8]

Nas instalacións realízanse tamén espectáculos musicais como o Sónar 2010,[9] presentacións, congresos e mitins políticos.[10][11] Entre o 16 de outubro e o 13 de novembro de 2012 tivo lugar no recinto o xuízo pola catástrofe do Prestige.[12][13]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]