Saltar ao contido

Asociación Liberal do Estudantado Galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación Liberal do Estudantado Galego
Tipoorganización estudantil
IdeoloxíaLiberalismo, galeguismo e europeísmo
Data de fundación2012
Fundador(es)Diego Santos Ferreira, Xurxo Astorgano López e Javier Botana Botana
Presidente/aDiego Santos Ferreira
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
http://asociacionliberaldoestudantadogalego.blogspot.com/
Facebook: liberais.gal Twitter: Liberais_gal Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Asociación Liberal do Estudantado Galego (ALEGa) é unha asociación estudantil de ámbito galego que ten coma obxectivo promover e potenciar os valores liberais entre a mocidade galega amosando as virtudes que oferta o liberalismo nos diversos eidos (económico, individual, social, nacional, cultural...).

ALEGa foi rexistrada na Xunta de Galicia en febreiro do 2012 e está integrada dentro da familia liberal galega xunto á Asociación Galega para a Liberdade e a Democracia (GALIDEM) e Converxencia XXI[1].

Ten como ámbito de actuación o territorio comprendido pola comunidade autónoma de Galicia.

Nas Asembleas Xerais celebradas en Santiago de Compostela, os membros de ALEGa decidiron poñer en funcionamento as áreas estratéxicas de "relacións internacionais", "comunicación e relacións externas", "difusión e rede" e "expansión e innovación".

Estivo representada polo seu secretario de relacións internacionais no Congreso do LYMEC (European Liberal Youth), que tivo lugar os días 11-13 de maio de 2012 en Copenhague.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Blog da asociación