Circunscrición electoral de Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°00′N 7°30′O / 43.000, -7.500

Escudo de España (mazonado).svg
Circunscrición electoral de Lugo
Escudo Diputación de Lugo.svg

Localización provincia de Lugo.png
Capital Lugo Flag of Lugo province.svg
Comunidade Autónoma Galicia Galicia
Área 9.856 km²
Poboación 356.595 hab.
Densidade de poboación 36,18 hab./km²
Concellos 67
Escanos  4
Xentilicio Lugués-a, Lucense

A Circunscrición electoral de Lugo é unha das 52 circunscricións (distrito electoral) utilizados para elixir aos representantes no Congreso dos Deputados. O de Lugo é un dos catro distritos que corresponden ás provincias galegas. Dentro da circunscrición, a cidade de Lugo é a máis grande e a única con máis de 75.000 votantes.

Límites e sistema electoral[editar | editar a fonte]

O Artigo 68.1 da Constitución española de 1978 di o seguinte sobre os límites da circunscrición electoral

A circunscrición electoral é a provincia. As poboacións de Ceuta e Melilla estarán representadas con cadanseu deputado. A lei distribuirá o número total de deputados, asignando unha representación mínima inicial a cada circunscrición e distribuíndo os demais en proporción á súa poboación.
Constitución española de 1978

Desde xeito, ós límites da circunscrición electoral de Lugo corresponden cos da Provincia de Lugo e segundo o Artigo 140[1] o sufraxio é de tipo universal, igual, directo e segredo.

O sistema utilizado consiste en listas cerradas e unha representación proporcional aos escanos obtidos segundo o Método D'Hondt. O artigo 12 da Constitución establece que a idade mínima para votar son 18 anos.

Elexibilidade[editar | editar a fonte]

O Artigo 67.3 [2] da Constitución española prohibe que o deputado pertenza ás Cortes Xerais e a unha Asemblea Rexional durante o mesmo mandato. Isto implica que se un candidato resulta elixido para Cortes debe abandonar o seu cargo anterior.

O Artigo 70 [2] establece que a lei electoral determinará as causas de inelixibilidade e incompatibilidade dos deputados e senadores, que comprenderán, en todo caso os compoñentes do Tribunal Constitucional, os altos cargos da Administración do Estado que determine a lei, coa excepción dos membros do Goberno, o Defensor do Pobo, os maxistrados, xuíces e fiscais en activo, os militares profesionais e membros das forzas e corpos de seguridade e policía en activo, os membros das xuntas electorais.

Pola súa parte, a validez das actas e credenciais dos membros de ambas as cámaras está sometida a control xudicial, nos termos que establece a lei electoral.

Resumo de votacións 1977-2015[editar | editar a fonte]

1977 1979 1982 1986 1989 1993 1996 2000 2004 2008 2011 2015
Unión de Centro Democrático (UCD) 52.1 50.3 18.2
Partido Popular[3] (PP) 21.8 19.3 46.5 46.8 45.8 53.2 53.5 58.0 49.7 45.6 56.1 42.5
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 12.5 17.6 28.0 29.6 31.4 32.2 32.5 22.9 37.2 39.9 28.4 23.9
Partido Socialista Popular (PSP) 5.7
Izquierda Unida[4] (IU) 1.8 1.3 0.7 0.7 2.0 2.7 2.6 1.0 1.0 1.0 3.0 (*) [5]
Centro Democrático y Social (CDS) 2.0 6.5 6.1 1.3 0.2 0.1 0.1
Bloque Nacionalista Galego[6] (BNG) 10.6 7.0 7.2 10.0 16.2 10.1 11.4 9.2 3.57
Unión Progreso y Democracia (UPyD) 0.5 0.9 0,47
En Marea [5] 19.2

Repartición de escanos entre 1977–2015[editar | editar a fonte]

1977 1979 1982 1986 1989 1993 1996 2000 2004 2008 2011 2015
Unión de Centro Democrático (UCD) 4 3 1
Partido Popular (PP) [3] 1 1 3 3 3 3 3 3 2 2 3 2
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 1 1 2 2 2 1 1 2 2 1 1
En Marea 1

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Artigo 140 A Constitución garante a autonomía dos municipios. Estes gozarán de personalidade xurídica plena. O seu goberno e administración correspóndelles ós seus respectivos concellos, integrados polos alcaldes e mailos concelleiros. Os concelleiros serán elixidos polos veciños do municipio mediante sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto, na forma establecida pola lei. Os alcaldes serán elixidos polos concelleiros ou polos veciños. A lei regulará as condicións nas que proceda o réxime de concello aberto.
  2. 2,0 2,1 http://www.tribunalconstitucional.es/es/constitucion/Paginas/ConstitucionGallego.aspx#G13
  3. 3,0 3,1 Os datos inclúen os de Alianza Popular en 1982 e os de Coalición Popular en 1986
  4. Os votos de IU inclúen os resultados dos seus predecesores, o Partido Comunista de España ata 1986.
  5. 5,0 5,1 Izquierda Unida formou parte desta coalición xunto con, Podemos, Anova e outros partidos
  6. Os resultados inclúen os de Coalición Galega en 1986 e Nós en 2015

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]