Chía, Cundinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 4°51′N 74°3′O / 4.850, -74.050

Chía, Cundinamarca
Flag of Chía.svg
Escudo de Chía.svg
Alcaldía de Chía.jpg
Alcaldía de Chía
Localización
Chía en Colombia
Chía
Chía
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoCundinamarca
RexiónSabana Centro
Xeografía
Altitude2 564 msnm
Superficie79[1] km²
Demografía
Poboación132 691[2][3]
Densidade1 600 hab/km²
XentilicioChio[4]
Outros datos
AlcaldeLeonardo Donoso Ruiz (2016-2019)
https://www.chia-cundinamarca.gov.co/

Chía é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, situado na Provincia de Sabana Centro, a 10 quilómetros ó norte de Bogotá. Coñéceselle como «A Cidade da Lúa», en referencia á etimoloxía do seu nome, que provén da deusa muisca da Lúa, Chía. Con 132.691 habitantes (2017) é o terceiro municipio máis poboado da sabana de Bogotá.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Praza de Chía con representacións da Lúa.

O topónimo «Chía», tamén pronunciado como Chie en muysc cubun (lingua muisca), significa «Lúa», aínda que tamén ten os significados de «luz», «brillo», «resplandor», «ardor» (dunha fonte luminosa), «mes» e «ortiga» (planta). Porén, non se trata en rigor dunha mesma palabra con varios significados, senón de varias palabras homónimas, cada unha das cales se entendería dependendo do contexto no que fose pronunciada.[5]

Para o caso do nome do concello, o topónimo «Chía» fai referencia á Lúa como astro e como deusa da relixión muisca, en cuxa honra había un templo construído no poboado precolombiano.

Historia[editar | editar a fonte]

Época precolombiana[editar | editar a fonte]

Existe evidencia da presenza de poboacións humanas en Chía durante o Período Herrera, as cales foron posteriormente substituídas polos muiscas.[6]

Por tradición, o futuro zipa, herdeiro do zipazgo, era educado no Templo da Lúa de Chía, e polo xeral asumía o cargo de cacique de Chía antes de ser entronizado como zipa de Bacatá. Críase ademais que os zipas descendían da deusa Chía.

Durante o goberno do zipa Saguamanchica, o cacique de Guatavita invadira Chía e Cajicá, axudado por tropas enviadas polo zaque Michuá. Saguamanchica tivo que abandonar o asedio que nese momento emprendía contra Ubaque e partir de inmediato para tentar reprimir a sublevación de Guatavita.

En tempos do zipa Nemequene, sucesor de Saguamanchica, as tropas de Bacatá enfrontáronse ás de Zipaquirá no camiño entre Chía e Cajicá, resultando vencedor o zipa.

Conquista española[editar | editar a fonte]

Parque de Chía.

Despois de que os españois, ó mando de Gonzalo Jiménez de Quesada, invadiron a fortaleza militar muisca de Sumungotá (ou Busongote), en Cajicá, proseguindo o seu camiño até Chía.

O sobriño e lexítimo sucesor do zipa Tisquesusa era Chiayzaque, cacique de Chía, quen ó decatarse das novas que chegaban sobre os estraños invasores, decidiu fuxir con toda a súa corte. Correu o rumor de que o cacique, antes de emprender a fuxida, escondeu os seus tesouros nas altas penas que hai ó leste da vila, no que hoxe é Yerbabuena, aínda que nunca puideron acharse.

Os españois chegaron a Chía en tempo de Semana Santa. Alí recibiron ós embaixadores de Suba e Tuna, quen lles ofreceron mantos, ouro e outros agasallos, e expresaron tanta submisión ós españois, que dende entón foron os seus mellores aliados entre os muiscas. O cacique de Suba ofreceulle a Gonzalo Jiménez de Quesada hospedaxe no seu cercado, oferta que foi aceptada, posto que Suba estaba no camiño cara a Funza, capital do Zipazgo.

Colonia española[editar | editar a fonte]

En 1783, durante a insurrección dos comuneiros, a marcha dos insurrectos cara a Santa Fé detívose preto da poboación de Chía, no cruzamento do río Bogotá, no que hoxe se coñece como a Ponte do Común. Alí a Real Audiencia, máxima autoridade colonial en ausencia do vicerrei e o seu representante, quen se deu á fuga, asinou unha serie de concesións ós comuneiros, principalmente co propósito de evitar que a marcha entrase a Bogotá. Máis tarde o Vicerrei derrogaría as concesións feitas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Información general de Chía". Alcaldía del municipio. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  2. "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2017. Consultado o 12 de xaneiro de 2017. 
  3. Resultados do Censo 2005 (DANE) para Chía
  4. "Xentilicios". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2012. Consultado o 08 de marzo de 2012. 
  5. http://muysca.cubun.org/chie(2)
  6. Álvaro Botiva Contreras. "La Altiplanicie Cundiboyacense". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]