Sibaté

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSibaté
Imaxe

Localización
Mapa
 4°29′27″N 74°15′34″O / 4.4908, -74.2594Coordenadas: 4°29′27″N 74°15′34″O / 4.4908, -74.2594
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca
ProvinciaSoacha Province (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación38.412 (2015) Editar o valor em Wikidata (304,86 hab./km²)
Xeografía
Superficie126 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Bogotá Editar o valor em Wikidata
Altitude2.600 m Editar o valor em Wikidata
Creación1868 Editar o valor em Wikidata

Sitio websibate-cundinamarca.gov.co… Editar o valor em Wikidata

Sibaté é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Soacha, a 27 km ó sur de Bogotá. Forma parte da área metropolitana de Bogotá, segundo o censo DANE 2005.

A Sibaté chégase a través da Autoestrada Sur. O concello é recoñecido pola súa produción de amorodos, patacas e chícharos. Na área rural atópase o encoro do Muña.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo «Sibaté», en muysc cubun (lingua muisca), significa «derramamento da lagoa».

Historia[editar | editar a fonte]

Menciónase dende a época colonial como poboado a beiras do río Muña, dende 1657, e en 1788 foi casarío até a fundación do poboado en 1868.

En 1895 construíuse a estación San Francisco para o ferrocarril, edificio que na actualidade serve de sede da Alcaldía Municipal. En 1908, rematada a Guerra do Mil Días, os herdeiros da Facenda Sibaté entran en xuízo de sucesión; a delimitación da mesma sería o que na actualidade forma o centro urbano. Nos anos 20 do século XX comeza o proceso de urbanización da antiga facenda, e nos anos 30 inícianse os primeiros estudos de organización urbana. En 1940 iníciase a construción do encoro do Muña, sobre o antigo casarío da Unión; tamén se constrúe unha casa de beneficencia para os enfermos psiquiátricos. Nos anos 50, Sibaté é erixido á categoría de Inspección.[1]

A ordenanza 40 do 28 de novembro de 1967 elevou a Sibaté a concello segregado de Soacha, ó que até entón pertencía.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]