El Peñón é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Rionegro, a 121 km de Bogotá. A cabeceira municipal atópase a unha altura de 1310 m s. n. m.
Na época precolombiana, o territorio do actual municipio de El Peñón estivo habitado polos indíxenas teramas, que ocupaban a beira do río Bunque, tributario do río Murca (ou río das pedras verdes). Os teramas estaban dirixidos polo cacique Terama, que fixo fronte á expedición conquistadora do capitán español Antonio de Toledo no século XVI.
El Peñón foi oficialmente fundado por Pedro Bustos en 1822 co nome de El Peñón de Terama.[1]