El Colegio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEl Colegio
Imaxe

Localización
Mapa
 4°34′51″N 74°26′33″O / 4.5808, -74.4425Coordenadas: 4°34′51″N 74°26′33″O / 4.5808, -74.4425
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación22.247 Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Bañado porRío Bogotá Editar o valor em Wikidata
Altitude990 m Editar o valor em Wikidata
Creación1653 Editar o valor em Wikidata

Sitio webelcolegio-cundinamarca.gov.co… Editar o valor em Wikidata

El Colegio, máis coñecido como Mesitas del Colegio, é un concello de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia do Tequendama; atópase a 31 km do salto do Tequendama na vía de Bogotá - Girardot. Considérase un destino turístico polo seu clima cálido.

Historia[editar | editar a fonte]

Monumento no parque principal de El Colegio.

O seu nome orixinal foi "Parroquia de las Mesitas del Colegio de Nuestra Señora del Rosario del Calandaima", dado que as primeiras casas situáronse preto dun colexio capuchino de sacerdotes dirixido por frei Cristóbal de Torres, quen fundou o concello.

A rexión do Tequendama, tamén denominada Calandaima, foi habitada pola tribo dos panches, indíxenas que se caracterizaron polo seu espírito guerreiro e polo seu corpulencia, rostro ancho de pómulos saíntes, nariz alongado e aguileño, e con modificacións craniais. O seu territorio estivo limitado polo norte cos pantagoras e os calimas; polo sur, separados pola cordilleira de Subía, cos sutagaos; polo leste cos muiscas e polo oeste cos pijaos. Isto foi determinado grazas a estudos de cronistas e antropólogos que o confirmaron a través dos gravados con cicel en pedra, como os da pedra do Verdún, a pedra de Magnón e outras que foron achadas na rexión.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sitio oficial del El Colegio - Nuestro Municipio - Información General - Historia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]