Guayabal de Síquima
Coordenadas: 4°52′38″N 74°28′1″O / 4.87722, -74.46694
Guayabal de Síquima | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Rúa en Guayabal de Síquima. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Cundinamarca | ||
Rexión | Magdalena Centro | ||
Xeografía | |||
Altitude | 1630 msnm | ||
Superficie | 63 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 3 638 (2015) | ||
Densidade | hab/km² | ||
Xentilicio | Guayabaluno(a) | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Sergio Paul Vera Sierra (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Guayabal de Síquima é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Magdalena Centro. Atópase a 69 km ó oeste de Bogotá, no sector noroccidental do departamento. O concello é coñecido como a Porta de Ouro do Magdalena Centro.
Atópase nunha vertente occidental da Cordilleira Oriental, a cal se caracteriza por ter unha parte crebada, localizada no leste do río Magdalena.
Límites[editar | editar a fonte]
Guayabal de Síquima limita polo nordeste con Villeta e Albán, polo oeste con Bituima, polo sur con Anolaima e polo leste con Albán.
Toponimia[editar | editar a fonte]
O topónimo Guayabal foi tomado do sitio onde se levanta, e o topónimo Síquima ten a súa orixe no segundo do cacique destas terras, cuxo significado etimolóxico é «o voso regato», sendo un dos caciques máis poderosos na rexión panche.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guayabal de Síquima ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficialArquivado 09 de xuño de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)